InicioVigo e contornaA área de Vigo concentra un terzo dos contaxios en colexios galegos

A área de Vigo concentra un terzo dos contaxios en colexios galegos

Tamén rexistra a metade das aulas pechadas, dúas de catro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia continúan con tendencia descendente e baixan a 294, que implican 24 menos que os contabilizadas na xornada anterior. Ademais, redúcense a catro as aulas pechadas –tres menos– pola incidencia deste coronavirus e non hai centros clausurados.

Así se desprende dos datos actualizados este mércores polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que os positivos descenden nos centros das áreas sanitarias de Vigo (-15), Pontevedra (-5), Santiago (-4) e A Coruña (-3); aumentan lixeiramente nas de Ferrol (+2) e Ourense (+1), mentres que se manteñen na de Lugo.

A área de Vigo mantense á cabeza en casos activos con 102, que supoñen 15 menos, e dúas aulas pechadas –tres menos–, delas una nunha escola infantil da cidade olívica por un positivo. Nesta área sitúase o centro con máis positivos de Covid de Galicia, o CEIP Seis do Nadal de Vigo con oito –sen cambios–. Pola súa banda, o IES de Mos que ata a xornada pasada estaba á cabeza na Comunidade galega reduce a cinco os contaxios –catro menos–.

Moi por detrás está a área de Santaigo, con 41 casos, a de Pontevedra con 40 detectados, Lugo con 32, A Coruña con 31 e Ourense e Ferrol, que seguen á cola con, respectivamente, 27 e 21 contaxios rexistrados.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...