InicioEconomíaCIG reclama unha "aposta decidida" da Xunta pola automoción para evitar o...

CIG reclama unha “aposta decidida” da Xunta pola automoción para evitar o posible “deserto industrial”

Consideran que a administración autonómica debe favorecer que as plantas de compoñentes estean en Galicia, e non depender de provedores estranxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados da CIG concentráronse este martes ante a entrada principal da planta do grupo Stellantis en Vigo, encabezados polo secretario comarcal do sindicato, Alberto Gonçalves, e polo secretario nacional da Federación de Industria, Xoán Xosé Bouzas, para denunciar a “precariedade” dos ERTE na automoción e a “deslocalización”, e para reclamar unha “aposta decidida” da Xunta por este sector.

Segundo lembrou Xoan Xosé Bouzas, a automoción galega atópase nunha situación de “incerteza” polas consecuencias da pandemia e da chamada crise dos ‘microchips’, que está a xerar problemas de abastecemento de compoñentes.

Neste escenario, lembrou, o grupo Stellantis recorreu a aplicar “un ERTE á carta”, que incide na “precariedade” do persoal e que arrastrou a outros miles de traballadores da industria auxiliar.

Por iso, a CIG reclamou implicación da administración autonómica para favorecer que as plantas de compoñentes estean en Galicia, e que a industria non teña que depender de provedores estranxeiros. Así mesmo, pediron que a Xunta faga investimentos pensando “no futuro” para garantir a provisión, por exemplo, de baterías para coches eléctricos.

“Se non hai unha solución a tempo, coa deslocalización, perderanse miles de empregos, e isto pódese converter nun deserto industrial, como está a pasar no Norte de Galicia“, advertiu o secretario nacional da Federación de Industria da CIG.

RESPOSTA DE STELLANTIS

Pola súa banda, fontes da planta viguesa de Stellantis responderon a estas protestas apuntando que “os desafíos e os problemas deben abordarse con compromiso e responsabilidade”, unha visión que comparte “a maioría da representación social” na fábrica, que apoiou os ERTE para afrontar a actual situación.

Segundo incidiu, este enfoque “protexe” a competitividade da fábrica e a súa “posición de liderado” no sector da automoción europeo, mentres que “a falta de vontade construtiva dos convocantes desta protesta non é un bo exemplo a seguir”, e “outros sectores industriais en Vigo padecen hoxe as consecuencias deste tipo de sindicalismo”.

ÚLTIMAS

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real...

Dous accidentes en poucas horas deixan varios feridos leves en Vigo

O 112 informou de que unha saída da vía en Vigo propiciou que o...

Enfrontan penas de ata 5 anos por un roubo a man armada nun banco de Vigo

Dous homes acusados dun roubo con intimidación, como supostos autores dun atraco perpetrado nunha...

As organizacións de maiores de toda España chaman desde Vigo a acabar coa “enfermidade silenciosa” do edadismo

O XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores, celebrado desde este xoves en Vigo,...