InicioEconomíaA CIG ocupa de forma simbólica Barreiras para reclamar apoio público ao...

A CIG ocupa de forma simbólica Barreiras para reclamar apoio público ao sector naval

Critican que os novos donos opten a axudas públicas sen aclarar o seu proxecto, e esixen "control público" desas posibles subvencións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados da CIG, encabezados polo secretario comarcal do sindicato, Alberto Gonçalves, levaron a cabo este xoves unha ocupación simbólica de Barreiras para reclamar a intervención pública do estaleiro e para pedir ás administracións a súa implicación no apoio do sector naval.

Gonçalves lembrou que o estaleiro Barreiras, en mans da división de cruceiros de luxo de Ritz-Carlton, “está paralizado” despois de que o cruceiro ‘Evrima’ fose trasladado a Santander para traballos de pintura. “Pero non hai garantía de que volva e probablemente o acaben alí”, alertou.

Así mesmo, apuntou que “non se coñece” o plan de viabilidade da dirección da empresa, en virtude do cal se solicitaron créditos por valor de case 40 millóns de euros á Xunta e á SEPI, e “tampouco hai pedidos en carteira”.

Por iso, a CIG instou a unha “intervención pública directa, que blinde a continuidade” do maior estaleiro privado de España. “Non podemos permitir que corra a mesma sorte que Vulcano”, advertiu Gonçalves, quen proclamou que “dotar a Vigo dun estaleiro público é primordial, para que faga de tractor, de motor da industria auxiliar“. A CIG criticou que os novos donos opten a axudas públicas sen aclarar o seu proxecto, e esixiu “control público” desas posibles subvencións.

O sindicato nacionalista denunciou que a actual situación de crise que afecta a varios estaleiros e auxiliares do naval ten “responsables”. Por unha banda, criticou que a Xunta “mira para outro lado” a pesar de ter competencias industriais, que o Goberno central “aposta por outras zonas” e non por Vigo, e engadiu que o goberno local e o alcalde, Abel Caballero, tamén “teñen que mobilizarse” e “dar a cara”.

Finalmente, Alberto Gonçalves criticou duramente o papel do comité de empresa de Barreiras, con maioría do sindicato UGT, por bloquear as protestas e fomentar a “desmovilización”. “Agora vemos o resultado”, lamentou e advertiu de que “a CIG non vai a calar” e vai continuar mobilizándose en defensa do naval e da industria na comarca.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...