InicioSociedadeEstudan iniciar accións legais tralo despido dunha muller "por secundar a folga...

Estudan iniciar accións legais tralo despido dunha muller “por secundar a folga feminista do 8-M”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os representantes sindicais da CIG en ZF Dalphimetal España, empresa do sector da automoción con sede en Vigo, denuncian que a dirección “vén de discriminar a unha traballadora por secundar o paro feminista do pasado 8 de marzo non renovándolle o contrato”.

Segundo explican, “ZF Dalphimetal vén facendo contratos de traballo por acumulación de tarefas, chegando a ter unha porcentaxe de preto dun 50% de eventualidade dende o repunte do sector da automoción”.

O 16 de novembro de 2017 foron contratadas oito persoas, que ao cabo dos seis meses de contrato son todas renovadas agás tres delas, “un traballador por estar en situación de  baixa, outro porque se negaba a facer horas extras e o caso máis discriminatorio: unha traballadora eventual de fabricación por secundar a folga do 8M“, aseguran dende o sindicato.

As mulleres saen á rúa indignadas trala sentenza á “Manada” / Miguel Núñez

Segundo subliñou a CIG, “a empresa aproveitou que nese momento aínda non estaba constituído o comité de empresa que viña de saír do proceso de elección dos seus representantes”.

Feitas varias peticións á empresa sobre o que entendían unha discriminación, sobre todo no caso da traballadora, e tratando en todo momento de que a empresa asumira unha rectificación dos feitos, “a día de hoxe seguen a dicir que foi por causas de necesidade de fabricación, xa que supostamente os traballos que desenvolvía xa non eran necesarios”, engaden.

Pero “quedou en evidencia a mentira do departamento de RRHH, xa que segue a contratarse persoal para as mesmas tarefas que desenvolvía a traballadora”, sosteñen desde o comité de empresa.

As mulleres saen á rúa indignadas trala sentenza á “Manada” / Miguel Núñez

Os representantes da CIG en ZF/Dalphimetal lembran que nas reunións mensuais coa empresa a CIG xa advertira á dirección de que non se lle ocorrera penalizar aos traballadores que decidiran secundar a folga: “Queremos manifestar a máis rotunda repulsa a esta actitude discriminatoria e en especial de xénero, polo que non descartamos adoptar accións legais contra estas actitudes empresariais que vulneran dereitos fundamentais como é o de folga”.

Finalmente, esixen a rectificación urxente da dirección de ZF/Dalphimetal para que a traballadora e traballadores que foron excluídos da renovación sexan readmitidos.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...