InicioPolíticaPiden responsabilidades penais para Caballero e Aqualia por non advertir do estado...

Piden responsabilidades penais para Caballero e Aqualia por non advertir do estado da auga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo, á vista das analíticas tomadas polo persoal técnico da Xunta e polo Laboratorio Municipal onde aparecían “uns niveis de ferro moi por enriba dos índices recomendados para o consumo”, acudiu no mes de maio á Fiscalía “considerando a posibilidade de existir un delito contra a saúde pública por imprudencia grave, ao non informar nin advertir á cidadanía do estado da auga”.

No escrito presentado, Marea de Vigo pide a apertura das investigacións pertinentes que determinen as responsabilidades penais que puidesen corresponder “tanto ao alcalde de Vigo como responsable último de asegurar que o xestor do subministro de auga no Concello de Vigo (FCC Aqualia, S.A.) realice dito subministro en condicións aptas para o consumo humano como á propia dirección de Aqualia, responsable da concesionaria encargada do subministro de auga para consumo humano no Concello de Vigo”.

Ante a decisión por parte do PP vigués, Marea de Vigo afirma que “consideramos positiva a decisión do PP de Vigo de acudir aos tribunais pola ocultación e negación sobre o estado da auga en Vigo por parte do alcalde, mais o que tiñan que ter feito desde o PP vigués era premer á Xunta cando xa estaban enriba da mesa as analíticas que poñían en dúbida a idoneidade da agua de Vigo para o consumo humano”.

Ao mesmo tempo, lembraron que “houbo nos pasados meses unha gran irresponsabilidade por parte da Xunta, cando non se tomaron as medidas precisas no momento no que se estaba a alertar da situación, tal e como si que fixeron no seu día en Ferrol no ano 2015, onde se aplicaron outros criterios e outra celeridade para declarar a auga non apta” segundo explica Xosé Lois Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

“O estado da auga na nosa cidade é unha cuestión suficientemente importante como para que todas as institucións relacionadas dalgún xeito coa mesma, asuman todas as responsabilidades e informen á veciñanza con veracidade e exactitude, ao contrario do feito ata agora, e tendo o claro obxectivo de tomar as medidas oportunas para evitar que se volvan a dar situacións nas que a saúde pública poida correr ningún tipo de risco” conclúen.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...