InicioSucesosUnha banda criminal coa supusta autoría duns 50 roubos con forza é...

Unha banda criminal coa supusta autoría duns 50 roubos con forza é detida en Fornelos de Montes

PUBLICADO O

A Garda Civil detivo en Fornelos de Montes aos tres integrantes dun grupo criminal como supostos autores de preto de medio centenar de roubos con forza nas provincias de Pontevedra e Ourense.

A raíz das investigacións realizadas pola Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, e o Equipo de Policía Xudicial de Tui, con colaboración dos Postos da Garda Civil de Covelo e Fornelos de Montes, o pasado día 12 deste mes detiveron en Fornelos de Montes a J.A.P.G. e L.A.G.C., de 36 e 19 anos de idade respectivamente, como integrantes dun grupo criminal dedicado á comisión de roubos con forza no interior de vivendas e outros establecementos.

Posteriormente, o pasado día 20 deste mes detívose, tamén en Fornelos de Montes, a L.G.C., de 31 anos de idade, a terceira compoñente do grupo. Impútanselles os delitos de roubo con forza, grupo criminal, tenencia ilícita de armas e abuso sexual (este último só a L.A.G.C.).

A operación “As Grañas”, posto que así foi bautizada pola Garda Civil debido á zona onde se cometeron a maior parte dos ilícitos penais, foi levada a cabo pola Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Material roubado incautado pola Garda Civil/ Garda Civil

A operación iniciouse no mes de Novembro de 2017 tras detectar un importante incremento na comisión de roubos con forza no interior de vivendas na provincia de Pontevedra, os cales seguían unha mesma pauta de comisión.

A análise da información solicitada en cada un dos feitos delituosos cometidos ao comezo da investigación permitiu elaborar o perfil dos autores, que posibilitou establecer unha liña de investigación, permitindo identificar nun control policial de prevención da delincuencia a 3 persoas que portaban no interior do seu vehículo, ferramentas e pasamontañas previsiblemente utilizados na perpetración de feitos delituosos.

O modus operandi do grupo criminal caracterizábase polo estudo previo da zona onde querían roubar, normalmente próxima ao seu lugar de residencia en Fornelos de Montes.

Posteriormente, en horas nocturnas aproximábanse ao obxectivo elixido realizando varias visitas para comprobar se dispoñían de sistemas de alarma e no caso de que tivesen seguridade para cometer o roubo, cubríanse a cara con pasamontañas e valéndose de ferramentas fracturaban portas ou fiestras para introducirse no interior do edificio obxectivo e dese xeito levarse calquera obxecto que puidese ter valor.

ROUBABAN PRINCIPALMENTE MATERIAL ELECTRÓNICO

Unha vez subtraídos os efectos, trasladábanos aos seus domicilios para darlles saída posteriormente a través de diversas canles, ben a través de receptadores habituais, ben directamente a través de páxinas web, aplicacións de móbiles e grupos de venda de redes sociais.

O material roubado era principalmente electrónico (televisións, tablets, ordenadores, teléfonos móbiles…) e de xardinería (todo tipo de maquinaria utilizada para o coidado do terreo das vivendas), levándose tamén electrodomésticos e ata colonias e mobiliario.

Os roubos cometidos foron na súa maioría en vivendas deshabitadas por ser segundas residencias, 30 en total, principalmente nas localidades de Covelo e Mondariz, existindo algún en Ponteareas, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e na localidade de Avión (Orense).

Tamén se produciron 4 roubos de casas culturais das localidades de Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz, así como roubos en 4 bares e 7 edificaciones privadas usadas para actividades lucrativas e gastronómicas nas localidades de Avión (Orense), Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Ponteareas.

Trala detención das persoas investigadas, realizáronse 2 registros domiciliarios na localidade de Fornelos de Montes, dando como resultado a incautación por parte da Garda Civil dunha multitude de efectos procedentes dos feitos investigados, tales como: electrodomésticos, diversas ferramentas, gran cantidade de maquinaria (compresores, motoserras, corta céspedes, trades…), televisores, ordenadores, teléfonos móbiles ou bicicletas.

Tamén se interveu un arma curta modificada para poder facer lume, dispoñendo na súa recámara dun cartucho, o que denota que o grupo criminal tiña unha gran perigosidade xa que o arma de lume estaba preparada para poder ser accionada de inmediato. Tamén se incautaron dous carabinas.

un dos integrantes xa foi detido por abuso sexual

Como resultado da investigación e a práctica dos rexistros domiciliarios, foron esclarecidos polo momento 45 feitos delituosos cometidos nas localidades de Covelo, Mondariz, Ponteareas, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes todos eles da provincia de Pontevedra, así como na localidade de Avión da provincia de Orense.

Material roubado incautado pola Garda Civil/ Garda Civil

Os detidos, aos cales cónstanlle multitude de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de Redondela que decretou liberdade con cargos, con obrigación de presentarse cada 15 días ata o seu posterior xuízo polos feitos investigados.

A investigación continúa aberta para proceder á identificación dos propietarios dalgúns dos efectos recuperados. Os particulares interesados en recoñecer os obxectos incautados, deberán poñerse en contacto co cuartel da Garda Civil de Fornelos de Montes, Telf. 986768517, concertando unha cita previa.

Noutra orde de actuacións, o pasado día 28 de leste mesmo mes, foi novamente detido en Ponteareas un dos integrantes deste grupo criminal, concretamente L.A.G.C. de 19 anos, nesta ocasión, por un delito de abusos sexuais a unha menor de 13 anos coa que viña mantendo unha relación sentimental desde facía un ano aproximadamente e que o pasado mes de marzo tivo un aborto espontáneo.

ÚLTIMAS

Feministas católicas sean este domingo ás rúas de Vigo para reclamar que as mulleres teñan “voz e voto” na Igrexa

Feministas católicas da Revolta de Mulleres na Igrexa sairán este domingo 3 de marzo ás...

Remolcan ao porto de Vigo ao portacontedores ‘MSC Katyanyi’

O portacontedores 'MSC Katyayni,', que navega baixo bandeira de Panamá, está a ser remolcado...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...