InicioSucesosDeteñen a un veciño de Torrecedeira por un presunto delito de violencia...

Deteñen a un veciño de Torrecedeira por un presunto delito de violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local detivo a A.G.L., varón de 41 anos de idade, natural e veciño de Vigo, por un presunto delito de violencia de xénero. Ás 07:45 horas deste venres, axentes da Policía Local de Vigo trasladáronse a un domicilio da rúa Torrecedeira, onde e desde unha vivenda, unha muller gritara “auxilio, chamen á Policía”.

A alerta dérona os veciños, quen presuntamente escoitaron unha discusión de parella e á muller que dicía : “Non me pegues”. Rapidamente os axentes trasladáronse ao lugar, chamando á porta da vivenda desde a que se pediu axuda.

Unha muller -moradora da casa- informou aos Policías de que a súa parella lle quitou o móbil “e cando ela lle pediu que llo devolvese, el empuxouna e abofeteou, causándolle unha lesión no beizo“; lesión que os policías puideron observar.

Indicou así mesmo, que “as discusións coa súa parella son habituais pero que ultimamente se volveu máis agresivo”. Os feitos determinaron a detención de A.G.L., pola comisión dun presunto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...