InicioVigo en FotosUnha parede para homenaxear ás mulleres marisqueiras

Unha parede para homenaxear ás mulleres marisqueiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nana (Santiago de Compostela, 1983) é técnica en xoiería artística e en ilustración. “Xa desde a infancia destacaba por ser unha persoa moi inqueda, asistindo a clases artísticas, e a partir da adolescencia recibe formación do pintor Xurxo Martiño, experimentando con distintas técnicas de debuxo, pintura e modelado”, subliñan dende Vigo Cidade de Cor, programa no que participa cunha homenaxe ás mulleres mariscadoras.

No 2006 iníciase no graffiti e a arte urbana, realizando intervencións na rúa e en espazos
abandonados. A partir da súa experiencia no espazo público decide realizar os seus
estudos de ilustración na EASD Pablo Picasso, onde recibe unha beca Leonardo para estudar en Londres, desenvolvendo o seu traballo en ilustración publicitaria.

Nana Grafitera pra Vigo cidade de coor
Nana, grafitera de Ordes, homenaxea á muller traballadora, concretamente ás mariscadoras/Miguel Nuñez

Hoxe en día acumula unha extensa traxectoria en festivais de arte urbana, eventos e exhibicións tales como o Desordes Creativas, Mad Poster Art, San Fest, Derrubando Muros con Pintura, Violencia Zero ou Elas Tamén Pintan, onde ten por costume realizar murais de gran formato.

“O seu estilo colorista e orgánico fai que a súa obra, cunha mensaxe claramente feminista, sexa persoal e inconfundible“, engaden. Actualmente traballa como ilustradora, educadora artística e artista mural en 7 H Cooperativa Cultural, realizando diferentes proxectos no ámbito da economía social. Polo xeral, traballa en papel ou na parede con acrílico, aínda que ás veces usa outras ferramentas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...