InicioSociedadeA startup Peoople, fundada por un vigués, supera os cinco millóns de...

A startup Peoople, fundada por un vigués, supera os cinco millóns de usuarios

Dende o mes de xaneiro a aplicación creceu un 42% mensualmente no número de usuarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Peoople, a startup de recomendacións con raíces galegas xa superou a cifra de cinco millóns de usuarios distribuídos en 32 países nos que ten presencia activa.

A aplicación desenvolveuse co obxectivo de coleccionar e recomendar todo tipo de servizos e produtos a través da súa plataforma coa finalidade de crear un espazo onde compartir experiencias e gustos. Peoople permite aos seus usuarios xerar ingresos grazas á actividade e interacción que reciban por parte dos seus seguidores, por exemplo polo número de “likes” ou polas ventas a través das súas publicacións.

Dende o mes de xaneiro a aplicación creceu un 42% mensualmente no número de usuarios. Peoople converteuse na rede onde máis aumentou a frecuencia de visita, por diante de TikTok, Instagram e Whatsapp.

Detrás do proxecto encóntranse dous grandes emprededores: David Pena, natural de Vigo, cofundador e CEO da compañía e Gonzalo Recio, cofundador e Head of Production.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...