InicioSucesosConvocan folgas en Renfe por falta de persoal: "A frustración dos viaxeiros...

Convocan folgas en Renfe por falta de persoal: “A frustración dos viaxeiros está a xerar insultos e agresións”

PUBLICADO O

A Unión Xeral de Traballadores, UGT, está a denunciar a “situación de precariedade” dos traballadores das taquillas de Renfe na provincia de Pontevedra, polo que fan un chamamento de respecto e consideración cara a estos profesionais, “tan vítimas desta situación como os propios viaxeiros”, e convocan folgas para xuño e xullo.

Subliñan que “moitas veces a frustración dos viaxeiros xerou todo tipo de insultos, vexacións e ata agresións, como onte xoves na estación de Pontevedra, onde foi necesaria a presenza da Policía Nacional por terceira vez neste mes”. Polo tanto, desde a central sindical rogan “comprensión” aos usuarios do ferrocarril na provincia.

“A confección das quendas é cada día máis complicado, e a día de hoxe estase garantindo grazas ao excepcional comportamento e profesionalidade de devandito persoal, que día tras día accede a cambios e supresións de descansos, que a empresa non merece, pero que se fai como mostra de respecto e gratitud cara aos nosos clientes”, remarcan.

Vigo Urzáiz / Wikipedia

O Comité de RENFE-Viaxeiros na provincia de Pontevedra, tras as Asembleas feitas cos traballadores do ámbito, acordou por unanimidade dos seus membros convocar paros laborais dende o 23 de Xuño ao 25 de Xullo nas seguintes datas e horarios:

23 DE XUÑO 2018 14:00h A 18:00h
24 DE XUÑO 2018 09:30h A 13:30h
29 DE XUÑO 2018 06:00h A 07:00h y 19:00 A 20:00h

02 DE XULLO 2018 06:00h A 07:00h y 19:00 A 20:00h
13 DE XULLO 2018 06:00h A 07:00h y 19:00 A 20:00h
16 DE XULLO 2018 06:00h A 07:00h y 19:00 A 20:00h
24 DE XULLO 2018 14:00h A 18:00h
25 DE XULLO 2018 09:30h A 13:30h

Estes paros veñen motivados “pola falta de cadro de persoal para cubrir dun xeito eficiente os postos de venda de billetes e información das estacións de Vigo-Guixar, Vigo-Urzaiz, Pontevedra e Vilagarcía, que está a supoñer unha saturación de traballo que xera situacións de estrés laboral, ameazas de agresións e imposibilidade de realizar o seu traballo nunhas condicións dignas minimamente aceptables”.

Antiga estación de Urzáiz/ Parkapp

Aseguran que non se lles está permitindo aos traballadores “efectuar as pausas legalmente establecidas, e están a instaurarse escenarios de tensión entre usuarios e traballadores que este Comité non pode permitir, ademais da redución da calidade dos servizos prestados aos usuarios e os recortes nos horarios de venda, para suplir a falta de persoal existente”.

Así, RENFE procedeu a recortar a venda anticipada de billetes nas estacións de Vigo Guixar e Pontevedra pola falta de cadro de persoal que fai estas tarefas. Dende fai un mes aproximadamente só se venden billetes para outros días na estación de Guixar de luns a domingos en horario de 15:15 hs a 19:30 hs (só 4 horas o día) cando anteriormente eran 9 horas todolos días.

En Pontevedra a venda anticipada de billetes cancelouse os sábados, domingos e festivos.
Esta falta de persoal, aeguran dende o sindicato, “repercute negativamente no servizo público que RENFE está obrigado a prestar, xa que en moitas ocasións atópese en toda a estación só un traballador de RENFE vendendo billetes, informando, facéndose cargo das máquinas autovenda, libro de reclamacións e canceladoras….”

Sen poder, polo tanto, “facer fronte á demanda existente en determinados trens, formándose longas colas que provocan o descontento e protestas dos viaxeiros que perden o tren ao non poder mercar o billete, tendo problemas os traballadores ata pra desfrutar dos períodos de descanso programados, ao non ter relevo e manterse a afluencia de viaxeiros de xeito case continuo, especialmente no período que agora comeza de verán, onde a venda e informacións pra trens de longa distancia aumenta”.

Mantivéronse xuntanzas coa empresa no ámbito da Xerencia de Viaxeiros de Galiza e da Xefatura de RR.HH. de Madrid, tentando atopar solucións negociadas que pasan polo ingreso de novos traballadores no ámbito de Pontevedra, que cubran as vacantes existentes, as xubilacións previstas e as baixas por enfermidade que se producen, consecuencia dun cadro de persoal cunha idade media de 55 anos.

Por todo elo, “o Comité de Empresa de RENFE en Pontevedra convoca estas folgas,
ás que convida a participar aos traballadores de Intervención, Conducción,
Administración e Xestión e Canle de Venda, solicitando a comprensión dos viaxeiros
e responsabilizando á dirección de RENFE das molestias que podan causar,
lembrando que estamos a demandar mais traballadores pra mellorar o servizo
que prestamos aos usuarios do ferrocarril galego”.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...