InicioSociedadeO CEIP Castelao de Navia rexeita a súa adscripción ao IES de...

O CEIP Castelao de Navia rexeita a súa adscripción ao IES de Valadares, a 9 km

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá de xoves as familias concetráronse na entrada do CEIP Castelao de Navia, convocadas pola ANPA do colexio, para reclamar “unha adscrición xusta que non obrigue ás nenas e nenos deste centro a desprazarse a máis de dez quilómetros dos seus fogares con once anos para cursar primeiro da ESO”.

De tal xeito, consideran inaceptable que o alumnado do centro teña que desprazarse
esta distancia “por unha deficiente xestión da administración educativa, que debería
organizar os recursos dispoñibles para atender nas mellores condicións posibles
ao alumnado”.

“A adscrición do CEIP Castelao ao IES de Valadares non se basea en criterios obxectivos de proximidade, xa que hai varios institutos moito máis próximos ao colexio e hai moitos colexios máis próximos ao IES de Valadares que non están adscritos a este instituto”, subliñan.

“Os criterios de proximidade, aplicados para o resto dos colexios de Vigo na
asignación do instituto adscrito, deben ser tamén válidos para este”, claman, posto que “despois do sucesivo cambio de centro adscrito nos últimos cursos do  colexio (que xa
pasou do CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro, e despois ao IES Alexandre Bóveda, co conseguinte trastorno para as familias que teñen fillas e fillos escolarizados en distintos centros), no curso pasado pasou a estar adscrito, en contra da opinión das familias, ao IES de Valadares”.

Polo dito, dende a ANPA rexeitan a adscrición do CEIP Castelao ao IES de Valadares, e esixen á Consellería de Educación que estableza “una zonificación xusta que non discrimine a ningún neno ou nena da nosa cidade polo colexio no que estea escolarizado”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...