InicioMovementos SociaisTorrecedeira anuncia manifestacións: "Viviamos nun barrio tranquilo, queremos volver a el"

Torrecedeira anuncia manifestacións: “Viviamos nun barrio tranquilo, queremos volver a el”

"Non nos deixan outra que dicir basta", denuncian diversos colectivos do barrio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Foi a de hoxe no parque Camilo José Cela de Torreceira unha xuntanza que comezou dun xeito esclarecedor, cando a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Torrecedeira e outras amosaron o seu apoio “ás persoas que estes días foron agredidas ou ameazadas, e o absoluto rexeitamento a estes comportamentos, a solución sempre está no diálogo”.

En nome de diferentes colectivos, aseguraron “non ter un problema con ninguén por ser dun xeito ou doutro (…) o noso problema é coa xente que ten comportamentos incívicos, que alteran a normal convivencia do barrio”.

Concentración deste mércores / Miguel Núñez

Ademais, defenden que levan anos “reuníndonos con diferentes responsables municipais, responsables do albergue, responsables da Cruz Roja… Todos coñecen a situación e todos puideron resolver os diferentes problemas que estamos denunciando. Non o fixeron. Non nos deixan outra que dicir basta”.

“Temos máis que analizado o que pasa e son ducias de reunións que levamos todos os actores. Dende o 30 de maio o alcalde ten un escrito, dándolle de prazo ata hoxe, para que nos dera respostas, propostas e prazos. O único que fixo foi anunciar na prensa o que están facendo e van facer. O que nós interpretamos como unha falta de respecto. As cousas fálanse cara a cara, mirándonos aos ollos, non a través da prensa”, lamentan.

Concentración por Torrecedeira / Miguel Núñez

E engadiron: “Estes días está a levarse a cabo unha maquillaxe. Non nos fiamos, porque segundo o concelleiro de Seguridade, o problema non é para tanto, pero que llo pregunten aos negocios e á veciñanza que foi roubada ou agredida. Para a concelleira de Servizos Sociais, o albergue funciona perfectamente. Funcionaba perfectamente co Padre Carlos, daquela non tivemos problema con el. Non nos fiamos porque levamos anos pedindo a resolución dos mesmos problemas”.

PETICIÓNS

Esixen a apertura dun novo albergue (noutra zona da cidade) “para dar resposta ás ducias de persoas que viven na rúa, xa que entendemos que son totalmente insuficientes os medios actuais, 38 camas para unha cidade de 300.000 persoas, de verdade temos tanto do que presumir? Pedimos que se faga un traballo real coas persoas que precisan de atención, e non 10 noites ó mes”, denunciaron.

Concentración a prol de Torrecedeira / Miguel Núñez

Esixen tamén a revogación do actual contrato con Cruz Vermella para a xestión do albergue, posto que “despois de infinidade de reunións cos responsables tanto municipais como da concesionaria, seguen unha e outra vez sen cumprir co prego de condicións, á vista de todos está. Polo que solicitamos que se abra un novo concurso para a concesión”.

Por último, engadiron que “de nada nos vale que esta semana manden a todos os servizos municipais a limpar as rúas, e mañá? Que pasa co barrio do Cura? Que pasa coas naves en ruínas de Marqués de Valterra e Jacinto Benavente? Na actualidade durme máis xente nelas que no albergue. Que pasa co parque do pavillón? Pedimos unha actuación porque os nenos non podían utilizalo e a resposta do Concello foi quitar os bancos para que non se sentaran a beber, e agora séntanse nas randeeiras e as zonas de ocio infantil”.

Concentración Torrecedeira / Miguel Núñez

A frase foi aplaudida: “Viviamos nunha rúa tranquila, queremos volver a ela. Por todo isto, e ante a falta de resposta dos responsables municipais, propoñemos a convocatoria dunha manifestación para o martes 19 de xuño ás 20:00″.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...