InicioSucesosAparece un veciño vigués de 65 anos que quedara encerrado nun montacargas

Aparece un veciño vigués de 65 anos que quedara encerrado nun montacargas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 06:30 horas desta mañáde venres, a Policía Local de Vigo foi informada da desaparición dun varón de 65 anos, que faltaba do seu domicilio desde as últimas horas do día de onte. Reuníronse os datos precisos para pasar o aviso correspondente a patrulla en servizo.

Unha media hora máis tarde de recibir este comunicado, recibiuse nova información na
Central da Policía Local. A familia do desaparecido localizouno e atopábase por fortuna, san e salvo. Ao parecer, quedouse encerrado no montacargas dunha zona industrial, onde alugan trasteiros.

Os fillos do desaparecido acudiron ao lugar a donde presumiblemente púidose dirixir o seu pai. O coche estaba nas instalacións, polo que percorreron estas ata escoitar os
golpes nun dos montacargas. Contactaron co servizo técnico, sendo rescatada a persoa
desaparecida.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...