InicioSucesosDetido un mozo en Vigo tras agredir aos donos e intentar roubar...

Detido un mozo en Vigo tras agredir aos donos e intentar roubar nun bazar de Urzáiz

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu á detención esta fin de semana de R.V.L, varón de 18 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo por agresión e tentativa de roubo nun establecemento.

Ás 13:15 horas do sábado día 26/05/2018, os axentes desta Policía Local foron comisionados pola Central de Información e Mando, para que se dirixisen a un bazar situado na rúa Urzaiz onde ao parecer un mozo agredira a dúas persoas.

Unha vez no lugar, os actuantes entrevistáronse co responsable do establecemento, quen
manifestou que pouco antes un raparigo entrou no local reclamando que se lle reintegrase o importe dun produto que adquirira nese lugar (uns días antes) ou se lle cambiase por outro produto. O varón, como non presentaba ticket ou justificante de devandita compra, foi informado que non era posible a devolución, motivo polo que se iniciou unha discusión entre ambos.

as vítimas foron trasadadas a un centro médico

Nun momento dado R.V.L colleu diversos produtos do mostrador expositor (rotuladores e outros produtos) intentando fuxir á carreira, sendo suxeitado polo solicitante, pero o mozo comezou a golpearlle con patadas e puñetazos, o que fixo intervir á nai e esposa do responsable do establecemento (que se atopaban no lugar) para separar a ambos, pero elas tamén resultaron agredidas.

O agresor abandonou posteriormente o local en dirección á rúa Portela sen conseguir levarse os efectos. Os Axentes procederon a visionar todo o ocorrido nas grabaciones que posúe o bazar, nas que se podía ver claramente o intento de sustracción dos efectos do mostrador, así como as agresións.

Ao lugar acudiu unha ambulancia para a asistencia sanitaria das dúas mulleres e o varón
agredidos, sendo trasladados posteriormente a un centro médico, debido ás lesións sufridas.

A continuación os actuantes realizaron unha busqueda polas proximidades, localizando na Praza de José Campos Perez ao autor dos feitos, quen de forma espontánea manifestou que efectivamente acudira á tenda a reclamar o cambio dun articulo, sen que lle solucionaron o problema. Entón os axentes procederon á detención de R.V.L.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...