InicioDeportesCaballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde reunirase o 2 de marzo coa ministra de Educación e Deportes para denunciar a “oposición feroz” á cidade como posible sede e defender a reforma de Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo unha reunión coa ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagres Tolón, na que trasladará as supostas “trampas” da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e a “oposición feroz” que, segundo denuncia, existe contra a candidatura da cidade como sede do Mundial 2030. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que pretende informar ao Goberno central da “oposición política total” que atribúe á Xunta de Galicia, á Deputación de Pontevedra, ao PP e ao organismo federativo presidido por Rafael Louzán.

DENUNCIAS CONTRA A FEDERACIÓN E A XUNTA

Caballero asegurou que trasladará á ministra a súa visión sobre o proceso de selección das sedes e as actuacións da RFEF. “Quero contarlle, que coñeza ben que sucede con Vigo”, insistiu, ao tempo que avanzou que explicará o que considera manobras para impedir que a cidade entre na listaxe definitiva. Segundo o alcalde, existe unha estratexia política e deportiva para frear a presenza de Vigo no Mundial, unha acusación que xa realizou noutras ocasións contra diferentes administracións.

DEFENSA DO PROXECTO DE BALAÍDOS

Na reunión, Caballero tamén detallará o traballo realizado polo Concello para adaptar o estadio municipal aos requisitos esixidos pola FIFA. O rexedor subliñou que a cidade continúa avanzando na reforma de Balaídos e que Vigo está preparada para cumprir os estándares técnicos e organizativos necesarios. “Estamos facendo o traballo para chegar a tempo e demostrar que Vigo merece ser sede”, sinalou, incidindo en que o proxecto municipal segue adiante malia as dificultades que, ao seu xuízo, existen a nivel institucional.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...