InicioMovementos SociaisA comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Anpas e asembleas de docentes convocan protestas simultáneas o 25 de febreiro para esixir recursos e atención á diversidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa mobilizaranse este 25 de febreiro con manifestacións simultáneas en seis municipios da área de Vigo. O obxectivo é denunciar os recortes e reclamar un ensino público “digno, inclusivo e de calidade”. Esta acción reivindicativa, presentada este xoves en rolda de prensa, consistirá en marchas de protesta e concentracións ás 19.30 horas.

As mobilizacións terán lugar en Vigo (cruzamento de Vía Norte e Urzáiz), Redondela (fronte ao Concello), Cangas (Concello), Mos (saída diante da discoteca Queen), Ponteareas (aparcadoiro do IES Pedra da Auga) e O Porriño (fronte ao Concello). As entidades convocantes destacaron que a protesta é unha “mostra clara de unidade” ante a preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos galegos.

Neste sentido, referíronse a deficiencias “graves” nas instalacións, falta de persoal e de recursos, así como a recortes que afectan directamente á atención á diversidade. Denunciaron que o actual curso está a ser especialmente duro pola acumulación de problemas estruturais e a “falta de respostas eficaces” por parte da Administración autonómica, o que xera unha situación que cualifican de insustentable.

“Non se trata de demandas puntuais nin illadas. Estamos ante unha problemática de fondo que require compromiso político e medidas concretas por parte da Consellería”, advertiron os portavoces. Os colectivos avisaron de que non aceptarán que se normalicen as carencias e fixeron un chamamento masivo á participación porque consideran que está en xogo o modelo educativo de futuro.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...