InicioSociedadeDesconvócase a folga no guindastre vigués

Desconvócase a folga no guindastre vigués

A asemblea de traballadores/as decidiu por unanimidade asinar o preacordo de convenio colectivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadro de persoal de Setex Aparki, concesionaria do servizo de guindastre do Concello de Vigo, decidiu desconvocar a folga indefinida prevista para hoxe luns despois de que a empresa accedese a reducir a xornada laboral nas fins de semana.

Esta era a principal reivindicación dos traballadores/as durante a negociación do convenio colectivo, polo que apostaron por asinar o preacordo ao que chegaron as partes na mediación.

Os 34 traballadores/as que integran o cadro de persoal de Setex Aparki, a empresa que xestiona o servizo municipal de grúa decidiron ratificar o pactado entre a representación sindical e a dirección da compañía unha vez que lograron introducir no convenio unha rebaixa no tempo de traballo durante as fins de semana.

En virtude deste acordo a xornada total redúcese en 50 horas anuais, establecéndose unha rebaixa progresiva durante as fins de semana: o primeiro ano do convenio (2018) a redución será dunha xornada laboral e media; no segundo ano (2019) pasará a ser de catro xornadas e media; e no último (2020) será xa de cinco xornadas.

 

 

Gruas municipais
Protesta dos traballadores das grúas municipais/ Miguel Núñez

Ao mesmo tempo, fíxase unha subida de soldos do 1% o primeiro ano, do 1,25% no segundo e do 1,50% o terceiro, aínda que o incremento salarial é aínda maior se temos en conta que tamén se actualiza a contía dos pluses.

Así, o de cambio de quenda aumenta en cinco euros ao mes; o de nocturnidade pasa de 14 a 15 euros este ano, a 16 o seguinte e a 17 o último; o de festivos pasa de 45 a 50 euros este ano e a 60 en 2019 e 2020; por último, o de absentismo pasa de 80 a 90 euros.

 

Gruas municipais
As grúas municipais aparcadas na protesta dos operarios de este servicio/ Miguel Núñez

Dende a representación do cadro de persoal valoran moi positivamente o acordo por canto permite reducir a xornada laboral dos traballadores/as durante a fin de semana. Tal e como sinalaron cando se decidiu a convocatoria de folga que finalmente non se chegou a facer efectiva, o desacordo coa empresa non viña pola cuestión salarial senón que se produciu pola negativa da dirección a reducir a xornada durante as fins de semana. Pero os empregados/as insistían en que “máis que cartos o que precisamos é descanso”.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...