InicioMedio Ambiente e PatrimonioCxG denuncia niveis de E.Coli 10 veces por riba do máximo legal...

CxG denuncia niveis de E.Coli 10 veces por riba do máximo legal no Lagares

Dende Compromiso por Galicia chaman á revisión da estación depuradora.

PUBLICADO O

Compromiso por Galicia (CxG) fai un chamamento para a revisión do funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares xa que segundo indican existirían verquidos de augas sen tratar, procedentes dos colectores de augas pluviais e que teñen relación cos días de fortes precipitacións.
Neste sentido, as fortes precipitacións do mes de abril marcan puntas de contaminación importantes relacionadas co vaciado que se fai destes colectores e onde parece ser, segundo as propias conclusións do estudo, existe unha mestura con augas residuais.
En palabras de Cortés Alonso, secretario local de Compromiso: “A nosa denuncia é un chamado ás diversas administracións para que vixilen e controlen o bo funcionamento dunha infraestrutura básica para a ria de Vigo e o seu saneamento”.
No estudio existe unha das mostras, a recollida o dia 8 de Abril, onde os niveis de contaminación detectados nas análises son 10 veces superiores ao máximo legal. Neste sentido, apuntan tamén que a equipa que elaborou o estudo seguirá a tomar mostras e a facer analíticas, un traballo que levan facendo desde decembro de 2017.
Dende CxG conclúen que estes datos son preocupantes e ainda que mostrando tamén unha baixada nos niveis en referencia à posta en marcha da nova EDAR, os picos de contaminación son maiores que con anterioridade á posta en marcha da propia depuradora.
Por último os galeguistas apuntan a Aguas de Galicia e ao Concello de Vigo para que tomen as medidas técnicas precisas e leven a termo as análises oportunas sobre a zona, xa que resúltanlles preocupantes estes altos niveis detectados de contaminación por fecais.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...