InicioSociedade15 anos de cárcere para o celador que apuñalou a unha enfermeira...

15 anos de cárcere para o celador que apuñalou a unha enfermeira de Povisa

Deberá indemnizar en 384.000 euros á muller, que ten recoñecida discapacidade permanente polas súas secuelas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza condenando a 14 anos e 11 meses de prisión a Juan Carlos F., antigo celador do hospital vigués Povisa, por un delito de asasinato en grao de tentativa, e que foi xulgado por apuñalar no pescozo á súa exparella, enfermeira nese mesmo hospital.

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 12 de abril de 2015, e o tribunal considerou probado que Juan Carlos F., que levaba a cabeza, rostro e mans cubertos, abordou á súa exparella, Mónica, cando ésta saía do seu domicilio para ir traballar. Co ánimo de acabar coa súa vida, após golpeala e apuñalala nun costado, arrastrouna até un soto do edificio, onde a apuñalou no pescozo de forma tan violenta que o coitelo rompeu.

Aínda que o home accedeu a trasladala ao hospital, a súa suposta disposición a axudala crebouse ao achegarse a Povisa, e abandonouna, no interior do coche, desangrándose, a uns 30 metros da entrada de Urxencias. A vítima logrou desprazarse até o acceso a Povisa, onde foi atendida das súas graves feridas.

Na sentenza condenatoria, o tribunal xustifica que Juan Carlos F. sexa condenado por unha tentativa de asasinato, e non de homicidio, posto que entende probada a existencia de aleivosía e o ánimo de matar (tanto pola arma utilizada, como pola zona vital atacada ou a intensidade da agresión). A iso súmase o testemuño do propio acusado, que chegou a recoñecer os feitos en xuízo. Tamén resultaron determinantes as declaracións das diferentes testemuñas, entre eles, traballadores do hospital.

Por outra banda, aínda que o tribunal non apreciou ensañamento no ataque, sí aplicou as circunstancias agravantes de parentesco (Juan Carlos e Mónica mantiveron unha relación durante tres anos) e de disfrace (el tentou ocultarse, pero a vítima recoñeceuno polas zapatillas e pola voz).

Con respecto ás circunstancias atenuantes, na sentenza rexéitase que Juan Carlos F. actuase levado pola obcecación, obsérvase que mantiña as súas facultades volitivas e intelectivas, e tampouco aprecian a reparación do dano porque, aínda que levou á enfermeira até Povisa, abandonouna a decenas de metros da porta.

A condena

Como consecuencia do ataque, a muller resultou gravemente ferida e tivo que ser intervida cirúrxicamente en varias ocasións. Ademais da ferida do pescozo (que afectou á súa larinxe, lingua e carótida, entre outros órganos), tiña unha ferida por arma branca nun costado, e feridas defensivas nas mans.

A agresión deixoulle secuelas físicas (cicatrices, parálises, perda de sensibilidade, problemas de mobilidade, etc.) e psicolóxicas, polo que un xulgado do social determinou a súa incapacidade permanente absoluta para toda profesión ou oficio.

Por estes feitos, a Audiencia condenou a Juan Carlos F. a unha pena de 14 anos e 11 meses de cárcere, e prohíbelle achegarse á vítima por un período superior en 10 anos á pena de prisión. De feito, establece que deberá levar un sistema telemático de control cando se atope fóra de prisión.

Así mesmo, determina que debe indemnizar á vítima en máis de 384.000 euros, polos días de hospitalización, polas secuelas e a incapacidade, incluíndo un incremento do 20 por cento nesa responsabilidade pola “orixe doloso das lesións”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...