InicioSociedadeA gala dos Vigueses Distinguidos acórdase da atención primaria... e tamén da...

A gala dos Vigueses Distinguidos acórdase da atención primaria… e tamén da arte da EMAO

O Teatro Afundación acolleu un ano máis esta gala.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un ano máis a gala de premiación de Vigueses Distinguidos, celebrada este mércores no Teatro Afundación de García Barbón, deixou para o recordo ovacións e distincións variadas. Como xa era coñecido, os xefes de servizo dimisionarios dos centros de saúde da cidade olívica foron os grandes vencedores da noite, como recoñecemento á difícil situación que atravesa a sanidade pública en Galicia.

Un dardo, máis ou menos intencionado, á Xunta de Galicia presidida por Feijóo e a súa xestión do SERGAS. Manuel Domínguez recolleu este premio, simbólico como mención ao esforzo de cada traballador da Atención Premiaria. Ademais, a Zona Franca levouse a Medalla da cidade.

David Regades, presidente da Zona Franca, recolle a Medalla de Vigo/ Miguel Núñez

Outro dos premiados da noite foi o pintor Diego de Giráldez, que viña de ser apoiado por Marea de Vigo e colectivos sociais, onde aseguraban que “a cidade de Vigo lle debe a Diego de Giráldez todo o recoñecemento, por colocar a nosa cidade no mundo a nivel artístico. Diego é unha das figuras máis brillantes que saíron da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), na que, hai cincuenta anos (no pasado mes de decembro), realizou a súa primeira exposición colectiva” matizaba Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Diego de Giráldez/ Miguel Núñez

Desde esta formación consideraban que a persoa de Diego de Giráldez “é un exemplo obvio do significado que deben ter estes premios, nos que a cidade recoñece o traballo de persoas que, ben pola súa traxectoria, compromiso, ou proxección, aportan valor a nosa cidade”.

Ademais, con esta premiación, aludíase indirectamente á Escola de Artes e Oficios, en forte perigo de desaparición no día de hoxe.

Diego de Giráldez, (dereita, na vídeo)/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Crecemento diferente

Unha das dependencias básicas do ser humano é a ecodependencia, que non é outra...

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...