InicioCulturaSés presenta un novo disco no que versiona a Fuxan os Ventos,...

Sés presenta un novo disco no que versiona a Fuxan os Ventos, Benedetti ou Mercedes Sosa

Presentará o álbum no Teatro Afundación o día 6 de abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sés publica este venres o seu novo disco, ‘Rabia ao silencio’, que presentará en Vigo o 6 de abril no Teatro Afundación. A cantora e a súa banda realizarán unha xira de presentación por cidades e vilas galegas, da que xa están esgotadas as entradas para A Coruña e Santiago de Compostela.

Neste disco adapta á nosa lingua cancións populares, folclóricas ou de autor que foron semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, con temas de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros.

Este 15 de marzo sae á venda en tendas e plataformas dixitais o novo disco de Sés, ‘Rabia ao Silencio’, á vez que o presenta en directo coa súa banda no Teatro Rosalía da Coruña, para o que están as entradas esgotadas desde hai días. A presentación en Vigo será o sábado 6 de abril no Teatro Afundación, para o que xa están á venda as entradas.

Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.

Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ “é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.

A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra.

Sés é o fenómeno dos últimos anos da música galega. Logo de editar en 2018 unha revisión do seu disco de debut, do que vendeu máis de 5.000 exemplares e co que fixo máis de 70 concertos por toda a Península con entradas esgotadas en boa parte deles, volve aos teatros con este traballo especial mentres xa está a gravar o seu próximo disco de temas inéditos, que sairá a luz a comezos de 2020.

Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, Sés triunfou en Galicia e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo también para a alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...