InicioMedio Ambiente e PatrimonioO veganismo advirte: o consumo de carne ameaza o futuro do planeta...

O veganismo advirte: o consumo de carne ameaza o futuro do planeta e da especie humana

As consecuencias da nosa alimentación van máis aló do que pensamos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de vexetarianos e veganos non deixa de medrar nos últimos tempos en todo o mundo, igualando xa esta cifra ao número de persoas coa cidadanía europea. E isto é algo que alegra a Sara Lago, activista que un día saltaba prazas de touros e a día de hoxe ofrece cursos de cociña, tanto básicos como para hosteleiros, cun proxecto titulado ‘Cúrcuma y pimienta’.

Porque a alimentación que escollemos afecta a moitos máis niveis dos que podemos pensar a simple vista, como denuncia un extensísimo informe da Federación das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), titulado “La oscura sombra del ganado”.

Tamén é o asunto do celebrado documental de Kip Andersen ‘Cowspiracy’ (xogo de palabras entre os nomes comúns de ‘vaca’ e ‘conspiración’ en inglés), co famoso actor Leonardo DiCaprio como productor executivo.

 

Este documental asegura que a industria da carne produce máis gases de efecto invernadoiro que o sector do transporte enteiro (é dicir, coches, trens, avións, barcos…), e  o considera o principal causante da degradación medioambiental.

Así, o protagonista de Cowspiracy intentaba aforrar auga duchándose rápido, pero despois descobre que a produción dunha hamburguesa de 215 gramos precisa de máis de 600 litros; ou que se hai 20.000 anos os animais salvaxes tiñan para si o 98% da biomasa natural e os humanos empregaban o 1%, agora as proporcións invertíronse: 98% para persoas e animais domésticos, e un 1% quédalle á fauna.

A gandería aparece ata como causante da deforestación amazónica, talándose o equivalente a un estadio de fútbol americano cada segundo para satisfacer o noso consumo de carne e derivados.

Seguindo este argumentario, alimentar outros mamíferos ata a idade adulta para consumo humano supón un custe de recursos tan grande que se continúa a crecer a poboación (nunha década seremos xa 8.000 millóns de persoas), e esta non abandona a alimentación carnívora, pode chegarse a unha situación de colapso. “Unha soa vaca precisa uns 64 quilos de comida diaria, e no mundo temos xa 70.000 millóns de animais domésticos”, reflicte o documental: “Hai gente que pasa fame mentres a metade dos granos que producimos son para consumo animal”.

Espazo natural, pobo de O Foxo/ Miguel Núñez

Ante todos estes datos, revélase a gandería, defende Lago, como “unha das causas principais da deforestación, e unha das atividades máis contaminantes”, mentres avanzan as investigacións para crear carne de laboratorio, e así non estar obrigados, tarde ou cedo, a cambiar a nosa alimentación.

Tralas ‘enerxías limpas’, nace así un novo sector, o da ‘carne limpa’, creada in vitro e sen sufrimento animal. Neste incipiente sector están a apostar desde a empresa vasca Biotech Foods ata o mesmísimo Bill Gates.

“Xa foron logrados, e poden atoparse en supermercados de Alemaña, Inglaterra ou EE.UU, vexetais con sabores que imitan á carne”, revela a activista. Ela e o animalismo abogan por un mundo “sen especismo, a discriminación contra os animais, igual que lentamente disminúen o sexismo ou o racimo. A conciencia e o respecto polos animais está avanzando. O asasinato dunha perra provocou mobilizacións en Barcelona, por exemplo”, recorda.

Comida Vegana
Sara Lago / Miguel Nuñez

“Hai 70 anos non habería unha manifestación por algo así, o cal demostra que cada vez hai máis conciencia, non se acepta a tortura por que si”, celebra.

E, para convencer a máis persoas para loitar pola causa, recomenda Lago que “hai que falar dunha maneira asertiva, porque a xente se sinte atacada, e os nosos egos dolidos. Cando cheguei ao veganismo por vez primeira tamén poñía excusas, porque o modelo de alimentación é algo que levas seguindo moito tempo, intentas xustificarte”.

Xente do rural, moi preto da cidade /Miguel Nuñez

Cambiou foi por motivios éticos: “Comprendín que, se profundizaba, non había grandes diferencias entre a miña vida e a dun porco ou un can, e polo tanto se podo alimentarme doutras cousas, non hai razón para alimentarme de animais. O feito de pertencer á especie humana non me da ningún dereito sobre outras co mesmo desexo de estar no mundo. Non é relevante o envoltorio, senón a capacidade de poder vivir e sentir. Non existe ningunha xustificación moral válida”.

Hai tamén outros motivos que están a achegar a un número crecente de persoas ao veganismo: a saúde, a responsabilidade moral non xa con outras especies senón polo esgotamento do planeta ou a fame…

Cando Lago converteuse a este movemento, hai dúas décadas, era pioneira. Agora son moitos máis: “Coñezo casos de nenos e nenas de 8 anos que visitaron un matadoiro e teñen tal nivel de empatía que xa deixaron os produtos de orixe animal. Agora hai moitas facilidades: toda a información ao respecto, e produtos moi variados, ata chourizos veganos”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Vigo e a economía do Ben Común

Introdución Vigo, cidade de rías abertas e alma industrial, vive atrapada nunha encrucillada histórica. Durante...

A asemblea de traballadores de Vitrasa acorda validar o preacordo entre comité e empresa

A asemblea de traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, acordou validar...

A cocaína localizada nun colector portuario este martes estaba oculta nun dobre fondo: 520 quilos en 432 paquetes

Os máis de 500 quilos de cocaína localizados nas últimas horas nun colector no...

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...