InicioPolíticaMarea de Vigo considera perigosos o casino de A Laxe e a...

Marea de Vigo considera perigosos o casino de A Laxe e a futura casa de apostas de Navia polo aumento da ludomanía

Defenden que un concello non debería colaborar con este tipo de negocios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“No caso de A Laxe, o Goberno de Abel Caballero e Zona Franca semellan estar traballando en ‘comandita’ para abrir un casino con capacidade para máis de 500 persoas en A Laxe, á vez que se pretende abrir unha casa de apostas en Navia, o barrio coa poboación máis nova de Galicia”, advirte Marea de Vigo.

Para a Marea de Vigo, “o feito de propoñer a apertura dun espazo de xogo e apostas na cidade é un erro brutal, mesmo coa gravidade de ser impulsado pola Zona Franca. Significa incidir nun perigoso crecemento da ludomanía, máxime agora, coa recente proliferación de campañas moi agresivas nos medios de comunicación, de casas de apostas deportivas online que veñen a normalizar o xogo especialmente entre os mozos e mozas” explica Xosé Lois Jácome.

Marea de Vigo, en rolda de prensa/ Miguel Núñez

Marea de Vigo afirma que o que se está transmitindo desde as casas de apostas ou casinos, de forma física ou a través de Internet é unha idea moi clara: “(Que é sinxelo) xerar riqueza dun xeito desvinculado da actividade laboral e sen necesidade da mesma, xunto ao acceso e capacidade de investir os cartos e, de facelo ben, multiplicalos facilmente. É o momento de que as diferentes institucións adapten a normativa á realidade social, económica e tecnolóxica da actividade do xogo antes de que se converta nun problema sen retorno”.

Marea de Vigo considera que o Concello de Vigo ten que realizar unha actuación activa e non colaboradora con este tipo de negocios, tanto poñendo as trabas legais posibles á apertura dos mesmos como regulando de xeito restritivo a publicidade destes locais cara a frear a súa expansión a través das ordenanzas ou as normas urbanísticas, así como medidas de prevención da ludomanía. O grupo municipal ten previsto trasladar propostas ao respecto en forma de moción nos vindeiros meses.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...