InicioSociedadeVaidhé, amor polo deseño no centro de Vigo

Vaidhé, amor polo deseño no centro de Vigo

Desde Xornal de Vigo descubrimos os recunchos máis orixinais do pequeno comercio na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Vaidhé (Carral 7, Vigo) intentan dar cabida a técnicas, artes e estilos tan distintos como son a serigrafía, a moda ou a xoiería. É un deses establecementos que aínda loitan por dar luz ao pequeno comercio na cidade, despois do peche doutros históricos, como Confecciones Alfonso, que resistiu tódalas treboadas desde 1963 ata 2018, ou Bruxarte, que defendeu con suor durante 15 anos o valor da artesanía galega.

O éxito de Vaidhé descansa na súa colaboración con multitude de artistas, xente de tódolos tipos e de todas partes. Ao comezo, tiñan que buscar a estes colaboradores polas redes sociais, agora visitan directamente a tenda no centro de Vigo coas súas propostas.

Vaidhé/ Miguel Núñez

A iniciativa xurdiu de Iris e Elisa, dúas deseñadoras gráficas. Elas xa compraban a cotío produtos de deseño e ilustracións na rede, e tentaron abrir unha tenda física, porque non había ningunha semellante. Na actualidade, Vaidhé xa suma douscentos provedores e provedoras despois de tres anos de vida.

Así, teñen paxaros de papiroflexia para montar, corazóns e apósitos de cerámica, textos orixinais en cuncas, camisetas ou postais. Libros, e tamén un mapa do “Metro” de Vigo ou cámaras sumerxibles.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...