InicioMedio Ambiente e PatrimonioCoñecemos á primeira muller que saltou a unha praza de touros, e...

Coñecemos á primeira muller que saltou a unha praza de touros, e agora imparte clases de cociña vegana

"A gandería é un dos principais causantes do cambio climático", denuncia Sara Lago.

PUBLICADO O

En 2009 saltaron á plaza. Aínda non se fixera en ningún lugar aquel xesto reivindicativo, que hoxe en día parece cotiá. Foron 6, e ela, Sara Lago, coordinaba a acción que un tempo despois se convertería en ‘tendencia’ por todo o mundo. Máis tarde, en Francia, chegaron a saltar 100 persoas dunha vez.

Pero, regresando ao xesto animalista de Lago e os seus compañeiros en 2009, non se libraron dunha gran multa que a sociedade actual xa mira con outros ollos. Eran 3.000 euros por cabeza, “logo algunhas persoas recurriron e se lles baixou a 300 e a outras non, o cal é absurdo”, recorda: “Todo dependeu do xuíz que che tocara, todo bastante arbitrario”.

Nin sequera serviu de nada, falando do corto plazo, porque a corrida continuou como se nada tras desaloxalos. Ninguén dos que acudiran á praza para unha xornada máis de tauromaquia agardaba o que aconteceu, porque (como xa dixemos) nunca ocurrira antes. E o público estaba enfurecido.

Tiráronlle de todo a ela e aos demais. “Case me abren a cabeza, tiraban botellas…” Tardaron tanto os corpos de seguridade en sacalos da praza, onde eran branco fácil, que despediron ao xefe de policía.

Agora Sara ‘reciclouse’ e imparte clases e charlas de cociña vegana no Simia Espacio de Vigo. “Estamos acostumados a comer dunha maneira determinada. A maioría da xente non ten idea de nutrición, e de como a alimentación é algo cultural”, subliña: “Os esquimais non toman máis que carne, e aos corenta e algo morren todos. Noutros países cómense perros e gatos, arañas…. Algunhas das enfermedidades de máis incidencia hoxe en día son as cardiovasculares, moi asociadas co consumo de carne e a nosa cultura alimentaria”.

Touro/ Dani Logar

Pregúntolle se hai que saber moito de nutrición para ser vegano, e responde: “Un vegano ten que coñecer moita información, básicamente porque o ‘linchan’ a preguntas, pero todo o mundo debería de saber sobre nutrición”.

“Non hai un modelo único de alimentación, senón os que imos aprendendo. Non necesitamos ningún alimento determinado, do que se trata é de conseguir os nutrientes encesarios”, subliña.

Sara Lago/ Miguel Núñez

E, a gran pregunta, está o veganismo reñido co deporte, por exemplo cos exercios de pesas do ximnasio? Estendeuse a idea de que o mellor para gañar músculo é tomar moita carne. Sara ten unha concepción diferente ao respecto: “Esa idea está un pouco obsoleta hoxe en día. A xente cre que comer carne lle xenera músculo, pero mira a Patrik Baboumian, ‘o home máis forte de Alemaña’, vegano”. 

Parece claro: “A dieta vegana aporta a sufuciente enerxía. De feito, a xente coas dietas cárnicas ten problemas de saúde derivados do exceso de proteínas, non co defecto. Porque a carne non ten nin fibra nin carbohidratos, é pura proteína”.

vacasl/ Miguel Núñez

Así que, defende Sara, xa non só é cuestión de ética, que tamén: “O veganismo avanza por todo o mundo a pasos axigantados. A propia FAO ao ao OMS promóveno, xa polo cambio climático. Porque a gandería é un dos principais causantes do cambio climático e de que non cheguen os recursos. Porque hai 70.000 millóns de animais en granxas. Reducir o consumo de carne significa tamén reducir a emisión de gases, as toneladas de metano liberadas por estes animais. A alimentación afecta a moitos niveis e a gandería tamén é un dos causantes da deforestación”.

E, ademais, “cunha cuarta parte do alimento deses animais alimentaríase todo o planeta”. Pero Sara está contenta: “O número de persoas vexetarianas e veganas xa é equivalente en número aos europeos, elevándose con respecto a hai 10 anos”.

ÚLTIMAS

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...

Traballadores de Vitrasa saen de novo á rúa para solicitar que a empresa e o goberno local acheguen unha solución

Decenas de traballadores de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte urbano da cidade de Vigo,...