InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo urxe o control de pisos turísticos ante a...

O BNG de Vigo urxe o control de pisos turísticos ante a “crise de vivenda”

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que a proliferación de pisos turísticos supón "un fenómeno ultraespeculativo" que está a reducir a oferta de aluguer residencial e, ao seu xuízo, contribúe á escalada de prezos da vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo anunciou este mércores que defenderá no próximo consello da Xerencia Municipal de Urbanismo a posta en marcha dun Plan de Control e Inspección das Vivendas de Uso Turístico na cidade, co obxectivo de “frear o seu impacto na crise da vivenda”.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que a proliferación de pisos turísticos supón “un fenómeno ultraespeculativo” que está a reducir a oferta de aluguer residencial e, ao seu xuízo, contribúe á escalada de prezos da vivenda.

“O goberno de Abel Caballero leva anos mirando para outro lado, permitindo un avance descontrolado dos pisos turísticos que só beneficia os intereses de rentistas e, sobre todo, de grandes grupos inmobiliarios”, criticou.

Segundo as súas cifras, en Vigo existen na actualidade preto de 2.200 pisos turísticos rexistrados fronte ás 281 vivendas dispoñibles para aluguer residencial. “Agora en Vigo hai case oito pisos turísticos por cada vivenda dispoñible para aluguer residencial”, lamentou.

Para el, este “boom especulativo” está detrás dunha “parte importante” da tensión que sofre o mercado da vivenda cun “aumento insoportable” dos alugueres.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...