InicioVigo e contornaVigoO BNG esixe a Concello e Xunta alternativas habitacionais para as persoas...

O BNG esixe a Concello e Xunta alternativas habitacionais para as persoas que viven na antiga estación de buses

"Deben colaborar, sumar esforzos e recursos para atender as situacións de emerxencia social que se viven na nosa cidade", sinalou o voceiro municipal do BNG, Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao Concello e á Xunta que busquen alternativas habitacionais para as persoas sen fogar que se refuxian na antiga estación de autobuses da cidade, ante un novo anuncio de desaloxo.

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, confirmou que se dirixirá ao alcalde, Abel Caballero, e á delegada da Xunta, Ana Ortiz, para instarlles a que “se dean unha tregua na súa pimpampum partidista” e subscriban un acordo de cooperación para afrontar a situación destas persoas sen fogar, e evitar que se repita o ocorrido coas persoas que vivían na antiga nave de Pescanova.

“As persoas sen teito non son trastes que tirar, senón persoas con dereitos que merecen axuda e atención por parte das administracións públicas”, subliñou o concelleiro do BNG, que incidiu en que a resposta das institucións non pode limitarse a pór valos neses inmobles, senón que deben brindar “alternativas habitacionales dignas”. “Non podemos asumir como algo normal que na maior cidade de Galicia haxa ducias de persoas malviviendo e malmuriendo nas rúas”, subliñou.

Por iso, o BNG propón que Xunta e Concello coordinen recursos e actuacións para garantir a atención social, acompañamento e alternativas de aloxamento. “Deben colaborar, sumar esforzos e recursos para atender as situacións de emerxencia social que se viven na nosa cidade”, sinalou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...