InicioSociedadeO Concello asegura que a familia que será desafiuzada este mes leva...

O Concello asegura que a familia que será desafiuzada este mes leva anos faltando ás citas cos servizos sociais

"A última vez que esta familia acudiu a unha cita foi o 18 de decembro do ano 2015", denuncia a Concelleira de Benestar Social.

PUBLICADO O

O perigo dun novo desafiuzamento rodea a cidade de Vigo. As vítimas do mesmo son unha muller nacida en Cuba, o seu marido e tres fillos menores de idade, todos os cales levan moitos anos vivindo en Vigo.

Ambos proxenitores están a sufrir o paro tras anos traballando, e aínda non conseguiron saír desta mala situación. O seu desafiuzamento xa ten data: 24 de xaneiro. E mesmo veñen de denunciar que o Concello de Vigo lles deu cita para o día 30, 6 días despois.

Pero, tralas últimas declaracións verquidas desde o Concello, as versións confróntanse. Así, Isabela Abelairas, Concelleira de benestar social, asegura que o Concello de Vigo atende á familia afectada por ese suposto desafiuzamento desde o ano 2007.

“Benestar social está sempre para atender as demandas desa familia ou calquera outra persoa que estea nunha situación difícil. No departamento de Benestar Social non hai ningunha comunicación dese desafiuzamento nin por parte do xulgado nin da Xunta, pero tampouco por parte da familia afectada”, salientan. Aseguran que a familia só se comunicou cos medios de comunicación.

“A última cita que o Concello lle deu á afectada data do día 12 de decembro de 2018, hai apenas 20 días”, subliñou Abelairas: “Pero aquí imos aclarar certas cousas. Non se presentaron á cita. Este feito tamén se produciu o 8 de agosto, o 17 de xaneiro… cando igualemente non compareceu nas citas coas traballadoras sociais do Concello”, asegura a concelleira.

Este feito, segundo Abelairas, repetiuse en 2016, con tres citas ás que tampouco acudiu, cunha cita no ano 2015 e outra o 2014, e dúas máis no 2012. “A última vez que esta familia acudiu a unha cita de servizos sociais foi o 18 de decembro do ano 2015”, denuncia.

“Pero si sabemos a través da Xunta que lle foi eliminada a RISGA polo incumprimento dos requisitos necesarios. En calquera caso, esperamos e rogamos que acuda á cita o 30 de xaneiro do ano 2019, porque as súas ausencias están entorprecento a labor das traballadoras sociais e outras persoas con imilares problemas sexan atendidas”, selou.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro da fabricación das narcolanchas

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado aumentaron nos últimos días a presión policial...

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...