InicioDeportesA San Silvestre viguesa amplía ata o sábado 29 o seu prazo...

A San Silvestre viguesa amplía ata o sábado 29 o seu prazo de inscripción

Máis de 10.000 persoas congregaranse na contorna da Alameda para despedir o ano.

PUBLICADO O

A San Silvestre de Vigo (luns 31, 17:00 horas, Areal) ampliou o prazo de inscrición, gratuíta, ata a medianoite do sábado 29. Pechada este mércores á noite,volveuse a reactivar a folla de inscrición no portal oficial.

A avalancha de solicitudes de participación a través da web nos dous últimos días (1.500 inscritos entre Noiteboa e Nadal) levou á organización para prorrogar catro días máis o prazo de inscrición para que se animen os máis atrasados, os descoidados ou os que aínda estean en dúbidas de participar nesta gran festa de despedida do ano correndo ou andando polas rúas da cidade.

O deporte vigués tamén se sumou á campaña de promoción deste evento solidario (recóllense produtos non perecedoiros para o Banco de Alimentos) e entidades como o Baloncesto Seis do Nadal, Pádel Feminino Cíes ou Vigo Guardians (fútbol americano) uníronse a Gadis, Froitas Neves e Hyupersa Vigo, concesionario oficial de Hyundai, para promover o seu apoio a este final de ano atlético. Os Guardians, que foron un dos grupos que se levaron premio á mellor caracterización nas citas de 2016 e 2017, xa anunciaron que repetirán experiencia e buscarán o podio outra vez. E sempre apareceron na San Silvestre como un colectivo moi numeroso e entusiasta.

A inscrición é fundamental á hora de optar aos premios en xogo (mellores disfraces individuais e de grupo) así como aos agasallos para sortearse. Desde a Concellería de Deportes sábese que son moitos os participantes que se engaden o último día, sen dorsal, e lémbralles que axilicen a inscrición para así entrar en premios e sorteos.

O volume de participación supera nun 10% os números do ano pasado a estas alturas e a aspiración municipal, co tempo como aliado, será alcanzar os 10.000 participantes. Desde hoxe mércores en Decathlon (Parque Comercial Meixoeiro), os inscritos ata o día 25 poden recoller xa o seu dorsal -no horario da tenda-, mentres que a organización advirte de que a retirada dos dorsais para quen se inscriba no novo prazo do 26 ao 29 só poderase realizar o domingo 30.

A San Silvestre de Vigo, que naceu en 2005, celebrará o luns o seu sexto ano consecutivo na contorna da Alameda. O patrocinio segue sendo do Concello de Vigo, que conta co apoio da Federación de Peñas Recreativas A Oliveira, Decathlon, Máis que Auga, Coca-Cola, Gadis, Hyupersa Vigo e Froitas Neves, aos que se uniu este ano Elevacións Rama.

ÚLTIMAS

Diagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un "raro caso de apendicitis esquerda"...

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...