InicioSucesosDetido un home de 88 anos por agarrar á súa filla polo...

Detido un home de 88 anos por agarrar á súa filla polo pescozo tras perseguila ata a rúa Barcelona

A filla intentara mediar nunha discusión entre os seus pais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu este mércores á detención de E. R. P, un home de 88 anos de idade, nacido en Ourense e domiciliado en Vigo, por un presunto delito no ámbito familiar.

Ás 11:45 horas da mañá do día de onte, os axentes foron comisionados para que se dirixisen á rúa Barcelona, onde ao parecer “unha familia estaba a pelexarse na vía pública”.

Unha vez no lugar, os Axentes observaron como un home agarraba polo pescozo a unha muller, polo que procederon a separalos. Un dos intervintes entrevistouse coa vítima, a cal manifestou que o home é o seu pai e que momentos antes cando se atopaba no domicilio familiar en compañía dos seus proxenitores, iniciouse unha discusión entre eles, na que o seu pai estaba cada vez máis violento coa súa nai, motivo polo que se interpuxo entre ambos, pero el comezou a descargar a súa ira contra ela, empuxándoa e agarrándoa do pescozo. Tanto ela como a súa nai puideron escapar cara á vía pública para pedir axuda.

E. R. P perseguiunas e novamente volveu agarrar á súa filla do pescozo, momento no que chegou a patrulla policial. A esposa de E. R. P, corroborou o manifestado pola súa filla, engadindo que non é a primeira vez que ocorren feitos similares, polo que os actuantes procederon á detención do devandito home.

ÚLTIMAS

De Baiona a Bruxelas: a iniciativa cidadá que cambiará a seguridade infantil nos coches europeos

Pedro Telmo, veciño de Baiona, impulsou unha campaña en Change.org que superou as 62.500...

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...