InicioSociedadeO Concello presenta a 'app Vigo' para móbil, "unha nova canle directa...

O Concello presenta a ‘app Vigo’ para móbil, “unha nova canle directa e bidireccional de comunicación coa cidadanía”

Vigo xa é unha 'smart city'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova app Vigo forma parte da estratexia “smart city” da cidade, creada como unha nova canle directa e bidireccional de comunicación coa cidadanía, que permite recibir avisos diarios sobre cuestións como o tráfico, a cultura, noticias ou o emprego e ademais fai posible que a cidadanía participe na mellora da cidade remitindo a través da aplicación avisos e suxestións da mellora, que serán canalizados a través do servizo de atención cidadá 010.

É unha das plataformas cidade máis completas de España, con información de máis de 5.000 elementos da cidade e acceso a datos actualizados diariamente e tamén en tempo real, caso do tráfico, as cámaras do Concello e a chegada dos autobuses urbanos, entre outros.

A aplicación Vigo aglutina todos os servizos da cidade, como a axenda de eventos, as noticias e os avisos. Tamén proporciona información do tempo, do rueiro, dos parques, praias, fontes e mercados da cidade, así como das instalacións deportivas, culturais e deportivas coas que Vigo conta. O apartado de turismo inclúe os lugares de interese, aloxamentos, lecer, restaurantes, compras…

No tocante á mobilidade, esta ferramenta proporciona os tempos de chegada do autobús urbano ás paradas a tempo real, informa das liñas e permite calcular as rutas. Igualmente o usuario pode acceder á información sobre os taxis, aeroporto, tren e barcos, xunto a toda a información relativa ao tráfico -aparcamentos, puntos de recarga, gasolineiras, planificación de rutas, cámaras e un mapa co estado do tráfico na cidade a tempo real-

A app Vigo é bidireccional e permite ao usuario enviar ao Concello avisos e suxestións de mellora, achegando fotos e facendo un seguimento do estado da tramitación. Nesta plataforma pode coñecerse tamén as convocatorias, subvencións e ofertas de emprego da administración municipal, así como os trámites co Concello, con información e accesos a todos os habilitados da sede electrónica.

A aplicación Vigo, dispoñible en galego e castelán, permite configurar unha pantalla de inicio personalizada cos servizos que se desexen e seleccionar as temáticas sobre as que se queira ser notificado (novas, tráfico, axenda, emprego, transporte, convocatorias e subvencións)

Abel Caballero subliñou que a app non está cerrada senón que supón o comezo dunha nova canle de comunicación que estará en continúa evolución. Así, engadiu o alcalde, o Concello xa baralla que no futuro se poida empregar a aplicación como audioguía nos museos, para rutas guiadas pola cidade e tamén para a recepción de avisos en casos de emerxencia.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...