InicioSociedadeO Sergas realiza máis de 283.000 probas para eliminar a hepatite C

O Sergas realiza máis de 283.000 probas para eliminar a hepatite C

O plan iniciado en xullo de 2023 permitiu detectar 372 casos positivos grazas ao cribado precoz en atención primaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta realizou máis de 283.000 probas desde a posta en marcha do plan para a eliminación da hepatite C, que permitiron detectar un total de 372 positivos.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, participou este sábado en Vigo no XIX Curso en avances en infección VIH e hepatite C en Galicia, no que puxo en valor o traballo de detección precoz da hepatite C que realiza a Xunta a través do plan para a eliminación desta patoloxía posto en marcha en xullo de 2023.

Na súa intervención, destacou que, actualmente, ás persoas de 40 a 69 anos que acoden a consulta de atención primaria realízaselles un cribado cando deben realizar unha analítica por calquera outro motivo ou, se non é o caso, infórmaselles sobre a enfermidade para decidir se solicitar unha análise para a detección precoz da hepatite C.

A Xunta destacou que Galicia foi pioneira coa implantación deste cribado oportunista, iniciativa que a Alianza para a eliminación das hepatites víricas en España -conformada por sociedades científicas e asociacións de pacientes- pon como exemplo para o resto de sistemas sanitarios.

Neste 2025, na cohorte nada entre os anos 1974 e 1983, de máis de 440.000 persoas, espérase unha prevalencia de infección activa do 0,14 %.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...