InicioSociedadeVigo dá comezo á nova tempada de "Mulleres en acción", protagonizada pola...

Vigo dá comezo á nova tempada de “Mulleres en acción”, protagonizada pola acción colectiva

"Mulleres en acción. Violencia zero" leva xa máis de tres anos loitando polo empoderamento da muller e a denuncia da violencia machista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 25 de novembro de 2015 nacía “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra, para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade.

Tres anos despois faise memoria para lembrar cada unha das accións “que nos estremeceron, que nos emocionaron, que levaron á participación activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia no eido da acción artística”, sinalan desde a Deputación de Pontevedra.

Así, Vigo acolleu este viernes a primera actividade do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, na súa cuarta edición, a performance “Nosotras” da artista madrileña Nieves Correa, sobre o traballo non remunerado, realizado na súa maioría por mulleres.

“Mulleres en acción. Violencia zero” foi nestes anos foco informativo e ocupou portadas e espazos de relevancia nos medios de comunicación, non só locais, senón rexionais e mesmo nacionais.

Abel Caballero con Mulleres en acción violencia zero /Miguel Nuñez

O cancelo #ViolenciaZero tivo milleiros de impactos nas redes sociais e provocou unha grande interacción co público, especialmente entre as e os máis novos. A deputación de Pontevedra presenta esta 4ª edición “cun programa cheo de reivindicación e talento no que a protagonista é a participación colectiva. Cremos profundamente na experiencia artística compartida e no seu poder para mobilizar conciencias. Por iso apostamos por un programa no que o público, e sobre todo a mocidade, formará parte activa das obras xunto ás creadoras e tomará posición crítica (e artística)”.

Violencia zero/ Miguel Núñez

A 4.ª edición, que comeza este mes de novembro e se desenvolve desde o Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, comprenderá un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia, con performance (Nieves Correa, Luz Darriba, María Vallina, Silvia Antolín, Teresa Búa e Concha Mayordomo), poesía (Iolanda Zúñiga e Estíbaliz Espinosa), música (Rendi Nue, Sara de Sousa, Alba María e Lupe Blanco, Femininoplural e Konafro), graffiti (Doa Oa, Iria Fafián, Lidia Cao e Vanesa Álvarez), danza contemporánea (María Move, Nuria Sotelo e Marta Alonso) e acción escénica (Helen Bertels, Diana Mera, Carmen Conde, Marta Pérez e Cristina Balboa).

Violencia Zero
Violencia Zero / Miguel Nuñez

Todo un ano visibilizando esta realidade, en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, colectivos diversos, corporacións municipais e toda a variedade de públicos que se pode concentrar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do empoderamento da muller no eido cultural e artístico.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...