InicioMovementos SociaisOs traballadores de Dornier comezan as folgas de fame despois de 80...

Os traballadores de Dornier comezan as folgas de fame despois de 80 días sen solucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores en folga de Dornier, última concesionaria do servizo de aparcadoiro da zona azul en Vigo, encerráronse este xoves no Concello. O venres foron recibidos, pero os resultados do encontro de tres horas non foron satisfactorios. A reunión, case tres meses de inacción despois, foi tensa para eles.

Desde a administración non puideron poñer solucións nin datas á fin do seu calvario que xa durou 80 días, máis ben lles advertiron de que o seu informe debía pasar aínda por varios departamentos.

Os traballadores do XER, encerrados no Concello de Vigo/ Miguel Núñez

De tódolos xeitos, os traballadores en folga decidiron suspender a súa loita durante a fin de semana: tres deles sufriran crises de ansiedade. Hoxe luns concentráronse ás portas da empresa e precintaron de novo os expendedores, “porque a empresa nestes días está a adicarse a enganar ao ciudadano”, subliña Julio Fernández, delegado de UGT e un dos traballadores en folga.

Este martes ás 9 da mañá os 7 traballadores despedidos pola empresa e ata o 3 máis comezarán unha folga de fame. 

Os traballadores do XER, encerrados no Concello de Vigo/ Miguel Núñez

“A empresa Dornier para nós non existe, desde o 5 de setembro o único ao que se adica é a desprecintar as expendedoras, para dar a senación de que non pasa nada. Se iso é unha empresa, se iso é unha multinacional…”, lamenta Julio.

“Nós defendemos un servizo público, e pedimos ao Concello que non nos deixe caer no olvido. O inmigo é a concesionaria Dornier, non o Concello, pero consideramos que ten que moverse, desta vez non vale ir despacio…Nós tivemos a deferencia de creer e colaborar con eles “, conclúe.

En canto aos diferentes partidos políticos, Marea de Vigo vén de sinalar que “o alcalde é responsable por ter dado o seu apoio no Pleno do Concello chegando a afirmar, con moita grandilocuencia, que non habería despedimentos mentres el fora alcalde, cando os 8 despedimentos xa estaban executados e a folga xa levaba varios días activa” engade Xosé Lois Jácome.

Os traballadores do XER, encerrados no Concello de Vigo/ Miguel Núñez

Pola súa banda, o BNG de Vigo acusou ao goberno municipal de enganar ao persoal da XER: “É intolerábel que a única resposta do Concello a traballadores dun servizo que é municipal sexa un permanente ‘volva vostede mañá’, con promesas de prazos que se incumpren unha e outra vez”.

O seu candidato, Xabier P. Igrexas, reclamou “transparencia” con respecto das xestións que se están a facer: “O persoal en folga, as súas familias, pero tamén o conxunto da cidadanía temos dereito a saber que se ten feito”. Demandou que o Goberno municipal mostre publicamente o expediente administrativo e se explique “en que punto está exactamente, que trámites faltan”.

A fronte nacionalista volveu demandar que para alén de axilizar de maneira urxente a resolución do contrato da actual concesionaria, que asumiu o servizo cunha oferta que “raiaba de maneira evidente nunha baixa temeraria dos custes”, cunha rebaixa do 30%, é “imprescindíbel avanzar cara a remunicipalización do servizo”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...