InicioSociedadeCC.OO defende que se repitan as oposicións a bombeiro en Vigo por...

CC.OO defende que se repitan as oposicións a bombeiro en Vigo por empregar preguntas non incluídas no temario

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde a Sección Sindical CCOO do Concello de Vigo veñen de manifestar o seu total apoio aos opositores a Bombeiro en canto as reclamacións presentadas ao primeiro exercicio, proba teórica tipo test, por considerar que unha gran cantidade de preguntas non se corresponden co nivel académico exixido, así como que están fóra do temario requirido para dita praza e a non existencia de proporcionalidade entre preguntas e temario.

Por todo elo consideran desde o comité que deben de anular dita proba e repetir a mesma de acordo o temario e as bases xerais.

‘Prodúcenos certa satisfacción que o tribunal se reunira o 9 de Novembro e atendese a parte das alegacións, anulando para elo as preguntas 1,3,8,9,24 e 35, substituíndo estas polas seis preguntas de reserva, aínda que ao final nos produce certo desconcerto que xa publicaran un novo listado de resultados”, subliñan.

“Pretenden deixar así o exame? Xa que se atenden positivamente algunha das moitas alegacións existentes non poderán tirar de preguntas de reserva, xa esgotadas, polo que consideramos que terían que anular dito exame para realizar outro. Sería o mais prudente e xusto. É non xogar co futuro , a ilusión, a esperanza e o sacrificio de moitos opositores”, defenden desde CC.OO.

Engaden que “pertencemos a Administración polo que temos que ser exemplares e escrupulosamente correctos nas nosas decisións, temos que velar polos principios de igualdade mérito e capacidade, para todo elo non podemos deixar ningunha dubida de incorrección, inexactitude ou mala intencionalidade na realización dun proceso selectivo no que se buscan os mellores servidores públicos”.

Por último, danlle un voto de confianza ao tribunal “que seguro atenderá con rigor as numerosas reclamacións e en consecuencia resolverá”.

 

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...