InicioDeportesO Celta despide por sorpresa a Antonio Mohamed

O Celta despide por sorpresa a Antonio Mohamed

O novo adestrador, o portugués Miguel Cardoso, ten un pasado 'deportivista'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Inesperado e doloroso a pesar da aprobación de algúns siareiros. Así foi o despedimento nas últimas horas de Antonio Mohamed, adestrador do Real Club Celta desde o comezo da tempada ata hoxe luns.

Perdeu esta fin de semana o Celta en Balaídos, pero sen dar unha versión especialmente mala (iso si, moi agresiva) contra un Real Madrid revitalizado trala marcha de Lopetegui. Pero este mesmo cambio de dinámica é o que busca agora o presidente do Celta coa chegada de Miguel Cardoso.

Antonio Mohamed aterrizara na grupa celeste como un descoñecido para a afección, e non conseguiu gañar un partido nos primeiros amigables, mais o bo comezo en Liga (chegamos a ir terceiros goleando ao Atlético), levantou o ánimo celeste.

Desde entón, os resultados non acompañan e o Celta baixa xa vai 14 a escasos puntos do descenso. Mohamed e os seus axudantes abandonan Balaídos. Con Leo Franco e Lopetegui, o arxentino é o terceiro adestrador despedido na presente tempada da Liga Santander.

Cardoso tentará atopar maior rédito ao poderío atacante do equipo vigués, con multitude de internacionais nas súas filas. No camiño para conseguilo, dirixirá este mesmo martes o seu primeiro adestramento na Madroa.

En canto ao seu pasado, chama a atención que este director técnico de orixe luso acompañara a Domingos Paciencia no Deportivo que finalmente baixou a segunda; ou estivera tamén de segundo adestrador no Shakthar Donetsk que o Celta eliminou da Europa League hai dúas tempadas.

 

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...