InicioPolíticaAcusan a Xunta de "abandonar" Vigo: A pediatría en Coruxo, o Cunqueiro,...

Acusan a Xunta de “abandonar” Vigo: A pediatría en Coruxo, o Cunqueiro, o naval, a zonificación escolar, os lumes…

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Pura propaganda electoral”. Iso é para o candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, a proposta de orzamentos da Xunta de Galiza para o próximo ano, que vén de ser presentada no Parlamento de Galiza e cuxas liñas principais se fixeron públicas.

Pérez Igrexas rexeita unhas contas que para o portavoz do BNG “insisten no total abandono ao que o Goberno galego do Partido Popular leva anos a condenar a cidade olívica”.

“Vai facer falla moito máis que uns números sobre o papel para que as viguesas e os vigueses poidan esquecer o abandono que padecen por parte da Xunta de Feijóo”, asegurou.

Neste sentido, enumerou algunhas das “políticas antisociais” impostas desde o executivo galego e que supuxeron segundo a formación nacionalista un claro prexuízo para a cidade: “Non é doado esquecer quen deixou sen atención pediátrica a Coruxo, quen nos condenou a ter un hospital insuficiente e privatizado ou quen reduciu agora á metade o proxecto de centro de saúde para a vila e Bouzas”.

“Van necesitar moito máis que anuncios propagandísticos para que a cidadanía esqueza quen é o responsábel dunha zonificación escolar inxusta que castiga o barrio de Navia, o abandono absoluto do sector naval, o feito de que a Xunta teña prestado cero axuda ás comunidades de montes da cidade un ano despois da brutal vaga de lumes, ou que dúas de cada tres solicitudes queden sen escola infantil pública por falta de prazas” resumiu.

Por outra parte, o candidato nacionalista, lamentou tamén “que a permanente disputa partidista entre Caballero e Feijóo sirva de coartada para que o Goberno galego ignore a principal cidade de Galicia”.

“Defender Vigo é defender os intereses das veciñas e dos veciños, e iso pasa tamén por ter a capacidade de dialogar e de cooperar, con outras institucións, se o que se quere é resolver problemas e non alimentar unha lea electoral”, reprochou.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...