InicioSociedadeRecuperada a subministración en Baiona tras varias horas sen auga potable debido...

Recuperada a subministración en Baiona tras varias horas sen auga potable debido á rotura dunha condución

A avaría produciuse por mor dunhas obras na rede de subministración eléctrica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A subministración de auga potable en Baiona recuperouse tras media xornada cortada debido á rotura dunha condución por unhas de acometida de suministro electrico. Segundo informaron fontes municipais, finalmente a última hora do martes procedeuse á conexión á rede de subministración procedente do municipio veciño de Nigrán, e advertiuse aos veciños de que, aínda que xa teñan auga, a presión será “moito menor” do habitual o que impidía en moitos casos o funcionamento dos calentadores de auga quente. 

O corte produciuse ao mediodía debido á rotura da tubaxe xeral da subministración (que abastece Baiona desde a presa de Baíña), motivada por unhas obras na rede de subministración eléctrica. A falta de auga afectou a uns 7.000 veciños da parroquia de Sabarís e do centro urbano da localidade.

En todo caso, desde o Concello tamén se informou de que os traballos de reparación continuarán ata que se solvente definitivamente o problema e poida recuperarse o abastecemento con normalidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...