InicioSucesosO cadáver da muller achada nunha maleta presenta unha puñalada e aínda...

O cadáver da muller achada nunha maleta presenta unha puñalada e aínda non puido ser identificada

Segundo unha testemuña, a maleta estivo alí polo menos desde o pasado mes de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A autopsia realizada ao cadáver da muller achada dentro dunha maleta nunha leira abandonada de Vigo evidencia que recibiu unha puñalada mortal, o que confirma a morte homicida da vítima, segundo trasladaron a Europa Press fontes coñecedoras da investigación.

A maleta foi achada por un repartidor na tarde deste xoves, nun solar cheo de maleza, e moi preto dunha vivenda, na rúa Espedrigada da cidade olívica. Ao decatarse do mal cheiro, o traballador avisou a Emerxencias e a Policía Nacional comprobou que, no interior da maleta (que estaba envolvida por plástico similar ao que se usa para embalar as equipaxes nos aeroportos), había un corpo de muller.

O cadáver atópabase en moi mal estado debido á descomposición e os investigadores cren, ao ver as condicións do corpo e atendendo á testemuña da veciña da vivenda próxima, que a maleta estivo alí polo menos desde o pasado mes de agosto.

Ante a confusión inicial sobre o estado do corpo, tanto o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, como fontes policiais, matizaron que o corpo estaba enteiro e completo. Trátase dunha muller, semi espida, e que tiña sobre a cabeza un anaco de tecido.

A vítima non foi aínda identificada pola imposibilidade de tomar pegadas e, de feito, tampouco foi posible extraelas mediante procedemento químico. Por iso, á marxe da toma de mostras de ADN, enviaranse os dedos a Madrid a un laboratorio especializado e dotado coa última tecnoloxía para a recuperación de impresións dixitais.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...