InicioEconomíaVitrasa e comité rematan a mediación con posturas "moi afastadas", pero reuniranse...

Vitrasa e comité rematan a mediación con posturas “moi afastadas”, pero reuniranse de novo este martes

Foi a semana pasada cando Vitrasa aceptou de novo a figura dun mediador.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, e o comité de empresa terminaron este luns o encontro de mediación con posturas “moi afastadas”, pero decidiron volver reunirse de novo este martes a partir das 09.30 horas.

Ambas as partes trataron de chegar a un acordo a partir das 10.00 horas no Hotel Baía de Vigo, estendéndose o encontro ata as 15.00 horas, cando se solicitou un receso para comer. Pola tarde, sobre as 18.00 horas, Vitrasa e os representantes dos traballadores decidiron aprazar a reunión ata mañá martes “sen ningún acordo”, segundo informou o presidente do comité, Imanol Arnoso.

“A proposta da empresa unicamente variou da anterior nun mínimo incremento salarial do 3% no canto de de o 2,5%. A proposta do comité (unánime) foi rexeitada, a pesar de mostrar flexibilidade para tentar solucionar a actual situación”, indicou Arnoso.

A pesar destas posturas “moi afastadas”, tanto a dirección da compañía como o comité decidiron volver atoparse este martes para continuar coa negociación e pór fin a un conflito que dura xa máis de tres anos, desde que a finais de 2020 caducou o anterior convenio.

Foi a semana pasada cando Vitrasa aceptou de novo a figura dun mediador que axude a solucionar a situación. Unha vez máis, como xa ocorreu a finais do ano pasado, é unha inspectora de traballo a encargada de intermediar entre empresa e empregados.

Os traballadores de Vitrasa levan anos protestando pola situación laboral que viven, debido a que o convenio colectivo caducou hai xa tres anos, manténdoselles o salario conxelado desde esa data, pese ao incremento do prezo da vida tras a pandemia e da propia subida dos billetes de bus.

ÚLTIMAS

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...

En liberdade o home detido por traficar con cocaína e drogas sintéticas no barrio vigués de Sárdoma

O home detido no barrio de Sárdoma, en Vigo, por traficar principalmente con drogas...