“Arte en vivo, arte no Queimado” é unha iniciativa que xa se ten celebrado noutros concellos, (como o de Nigrán, un dos máis afectados da vaga de lumes de 2017), e chegou esta fin de semana a Vigo.
Así, numerosos artistas locais, entre eles Pedro Sardiña, participaron nunha singular “performance” fronte as escaleiras do MARCO. Un exercicio de memoria, un recordo daquelas trxedias que nunca deberiamos esquecer.
Escultores e pintores chegados de terras galegas e portuguesas, os nosos queridos veciños que sufriron tanto ou máis ca nós a devastadora situación de hai un ano nos montes cheos de lapas e fume.
Protagonizaron na rúa Príncipe, pleno centro da cidade olívica, unha actuación para xustamente iso, mover a sociedade a actuar, non quedar de brazos cruzados, e face-lo posible por cambiar a negrura por un destino mellor para todos e todas.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Compartir en Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Compartir en Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Compartir en Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky
