InicioSucesosSocorren a unha anciá que se afogaba no río Lagares tras caer...

Socorren a unha anciá que se afogaba no río Lagares tras caer desde catro metros de altura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo foron enviados este mércores ás 17:30 horas da tarde ao Paseo do Lagares no seu paso por Sárdoma, onde unha señora de avanzada idade precipitárase ao río.

Unha vez no lugar os actuantes observaron que a muller estaba mergullada na auga ata a altura do peito e un home a auxiliaba suxeitándoa por detrás. A señora, totalmente empapada como resultado da caída, atopábase consciente, presentando un corte á altura do nariz, así como unha ferida no brazo esquerdo á altura do cóbado.

Pouco despois, coa axuda dunha unidade de Bombeiros, subiron á anciá desde o leito do río ata o caniño, desde onde se caeu, sendo unha altura aproximada de catro metros.

Ao lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada, onde os facultativos atenderon á afectada das súas feridas e dunha lixeira hipotermia, sendo trasladada pouco despois ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

A vítima, de 87 anos de idade, nada e domiciliada en Vigo, manifestou que vive co seu fillo, polo que os axentes procederon á súa localización.

ÚLTIMAS

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatada unha persoa tras envorcar o vehículo que conducía en Redondela

Unha persoa foi rescatada en Redondela tras sufrir un accidente no que o seu...