Unha persoa foi rescatada en Redondela tras sufrir un accidente no que o seu vehículo acabou envorcado. Os bombeiros sacárona do coche en estado de semiinconsciencia.
Tal e como informou o 112 Galicia, pasadas as 5.00 horas deste domingo, o 112 Galicia recibiu varios avisos pola saída de vía dun vehículo na N-552, ao seu paso por Redondela.Segundo explicaron varios testemuños que presenciaron o suceso, o coche sobrepasou unha rotonda e, finalmente, envorcou, quedando a persoa condutora atrapada no interior.
Ao punto desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño e informáronse os Bombeiros de Vigo, que tamén se sumaron ao operativo. Ambos os equipos coordináronse para extraer a persoa do vehículo. O operativo completárono axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.Unha vez liberada, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladouna, ferida e en estado de semiinconsciencia, ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
