InicioPolíticaA comisión de investigación do Marisquiño gana apoios no Parlamento galego tras...

A comisión de investigación do Marisquiño gana apoios no Parlamento galego tras ser vetada en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo e o BNG coinciden na seu apoio á creación da comisión de invstigación sobre o accidente do Marisquiño no Parlamento Galego, xa que o intento fracasou a nivel municipal, ao votar en contra o goberno de Abel Caballero, con maioría absoluta. Os votos de Marea de Vigo e PP foron insuficientes.

O PP vén de votar en contra da celebración dun pleno extraordinario sobre o Marisquiño na cámara autonómica, pero aínda así a portavoz dos populares en Vigo, Elena Muñoz, asegura ter o apoio do seu partido.

Subliñou que aínda que Vigo era a primeira opción, agora que fracasou exporán no Parlamento Galego a mesma investigación: “Se non hai comisión en Vigo ten que habela en Santiago, debemos usar todos os resortes que ten a democracia”, alegou Muñoz.

Elena Muñoz, no pleno vigués / Miguel Núñez

Pola súa banda, o BNG vén de pedir precisamente ao PP galego que vote a favor da creación da comisión. Hai que recordar que a creación desta comisión, antes de negarse en Vigo polo PSOE, xa fora rexeitada a nivel autonómico por PP e PSOE.

O caso é que o PP abriu a porta a esta comisión autonómica se fracasaba no Concello de Vigo. Agora todo depende dos populares. Cos votos a favor de BNG, En Marea e PP aprobaríase sen problemas no Parlamento galego. O BNG defende que hai que investigar “caia quen caia”, PP (a cargo do Autoridade Portuaria) ou PSOE.

Para a formación nacionalista, foi “lamentable” que o goberno de Caballero impedise crear a comisión en Vigo.

 

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...