InicioSociedadeSoutomaior, un dous poucos concellos de Galicia que aumentou a súa poboación...

Soutomaior, un dous poucos concellos de Galicia que aumentou a súa poboación en 2018

Foron 63 veciños máis de 2017 a 2018.

PUBLICADO O

O Concello de Soutomaior acaba de recibir as cifras oficiais de poboación coas que se pechou o pasado ano. O reconto ascende a un total de 7305 habitantes, retornando así ás cifras de crecemento tras dous anos nos que os nacementos non compensaron as cifras de baixas por falecemento ou cambio de residencia.

Os datos actualizados supoñen un incremento de 63 veciños no censo municipal conforme aos datos do 2017, nos que el se rexistraron 7242 habitantes. Ademais, supón o regreso da senda do crecemento de poboación que se detivo nos 7317 do ano 2015.

Na distribución por sexos destaca o aumento da poboación masculina ata alcanzar case unha paridade total. Mentres en 2017 a poboación de homes ascendía a 3580, o pasado ano o número de habitantes deste sexo alcanzou os 3622, rexistrando 42 novos veciños.

A poboación feminina creceu exactamente a metade cun total de 21 novas veciñas, pasando así das 3662 rexistradas en 2017 ás 3683 do pasado ano. Unha das cifras máis destacables da poboación de Soutomaior é o seu alto índice de poboación estranxeira, que conta con ata 30 nacionalidades diferentes.

A principal comunidade é a dos nados no reino de Marrocos, que conta con 114 membros e supón o 1,5% da poboación. A continuación, sitúanse a comunidade portuguesa e a brasileira, con 33 membros cada unha e un 0,44% da poboación total.

En canto aos núcleos familiares. As unidades compostas netamente por veciños de nacionalidade estranxeira ascenden a 64, mentres o número de unidades familiares de nacionalidade mixta sitúase en 96. O número de habitantes estranxeiros maiores de idade sitúase en 173, e en 137 o de menores de 18 anos.

Para o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, estas cifras “son boa mostra da hospitalidade de Soutomaior e dos seus veciños, e é algo que tentamos promover desde o propio Concello con actividades como os clubs de lectura fácil da biblioteca, cos que lles axudamos a iniciarse e mellorar na aprendizaxe dos nosos dous idiomas”, finalizou o edil.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...