InicioCulturaAparece unha pantasma para o Castelo de Soutomaior

Aparece unha pantasma para o Castelo de Soutomaior

Carmela Silva celebra a "acollida espectacular" da nova campaña de promoción do destino Rías Baixas baixo o nome de 'Somos Historias'.

PUBLICADO O

A Deputación de Pontevedra impulsará a lenda de ‘o Alemanote’, a pantasma que convivía no Castelo de Soutomaior coa marquesa María Vinyals e o seu marido, segundo recollen os escritos e documentos desta.

Segundo destacou este venres en rolda de prensa a presidenta desta administración provincial, Carmela Silva, “até agora pensábase que o recinto histórico tiña unha carencia“, xa que, ao contrario que a maior parte dos castelos, que teñen lendas de pantasmas asociadas, en Soutomaior eran descoñecidas.

Con todo, resaltou o “descubrimento” acerca de que “si existe unha pantasma“, e adiantou que ‘o Alemanote’ terá “un papel moi destacado e importante no castelo” o próximo verán.

O achado veu, segundo explicou a presidenta provincial, da man da marquesa María Vinyals, xa que, entre os seus escritos e documentos, relata a historia de ‘o Alemanote’, a pantasma co que ela mesma e o seu marido convivían no castelo de Soutomaior.

Máis proxectos

A presidenta da Deputación tamén fixo balance da presenza da institución provincial en Fitur, e falou dunha “acollida espectacular” da nova campaña de promoción do destino Rías Baixas baixo o nome de ‘Somos Historias’, que pon en valor o patrimonio da provincia co fío condutor da figura de María Vinyals.

“Fomos, unha vez máis, a presentación que tivo máis asistencia de todas as desa mañá”, destacou Carmela Silva, que reivindicou a curtametraxe que promociona a provincia como destino turístico.

Tamén apuntou o éxito da caixa-regalo que se lle entregou a acódelas asistentes, que contiña un caderno de viaxe e “nubes e galletas feitas con camelia”, un proxecto elaborado polo alumnado do CIFP Carlos Oroza, A Granxa de Ponteareas e o IES Montecelo de Pontevedra.

En canto ás reunións de traballo, Silva confirmou que a institución provincial comezou a preparar a Asemblea Nacional da Ruta dos Fenicios que acollerá a provincia en novembro, e que a Deputación pechou un acordo coa produtora do programa MasterChef, que esta semana comezará a buscar localizacións no Val Miñor para promocionar Baiona, Gondomar e Nigrán.

Tamén se estableceron acordos para, a través doutros dous programas de televisión, promover outras comarcas e rutas, en liña coa aposta deste ano de mostrar a provincia de Pontevedra a través do patrimonio.

O persoal técnico de Turismo Rías Baixas tivo case 20 reunións comerciais relacionadas coa promoción publicitaria deste destino e do uso das novas tecnoloxías na xestión de espazos turísticos.

Por último, Carmela Silva celebrou o “éxito rotundo” da campaña de promoción nas redes sociais. O hashtag #SomosHistorias, chegou a ser “trending topic” en Twitter en España no momento da presentación en Fitur e o vídeo promocional supuxo “unha marca de visitas en 24 horas das canles de YouTube en toda a súa historia”, segundo informou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...