InicioPolíticaOs concelleiros de AER presentan a renuncia ás súas competencias e formalizan...

Os concelleiros de AER presentan a renuncia ás súas competencias e formalizan a saída do goberno de Redondela

A Agrupación de Electores/as de Redondela presentou unha solicitude ante a Xunta para que se investigue a actuación da rexedora no areal de Cesantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación de Electores/as de Redondela (AER) presentou este martes a renuncia dos seus concelleiros ás competencias que tiñan no goberno municipal desta localidade, executando así o anuncio realizado hai semanas de que abandonarían este goberno en canto chegase o mes de setembro.

AER conta na Corporación redondelana con tres concelleiros, Roberto Villar, Manuel Vila e Daniel Boullosa que, ata agora, desempeñaban tarefas no goberno local, nas áreas de Medio Ambiente; Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá; e Cultura e Turismo, respectivamente.

Esta marcha do goberno municipal ten a súa orixe na crise aberta tras a decisión da alcaldesa socialista, Digna Rivas, de retirar a Villar as súas competencias na limpeza de praias. O conflito suscitouse pola discrepancia entre ambas as formacións acerca da forma en que debía acometerse esa limpeza (AER pedía que se fixese de forma manual e a alcaldesa decidiu que dita actuación non podía atrasarse ante as queixas dos veciños pola existencia de gran cantidade de algas nos areais).

Así, tras rexeitar o PSdeG a petición de AER de que Digna Rivas dimitise, a agrupación de electores anunciou a súa saída do goberno local. Ademais, poucos días despois dese anuncio, AER presentou unha solicitude ante a Xunta, para que se investigue a actuación da rexedora no areal de Cesantes, que foi limpiado con medios mecánicos “agresivos”, e sen ter en conta os condicionantes propios dun espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

AER informou de que, nas últimas semanas, estivo a disposición do grupo socialista “para o traspaso de información, documentación e contactos necesarios” para que a xestión das súas áreas “non se vexa afectada”.

A partir de agora, AER pasará á oposición no Concello de Redondela, deixando ao grupo do PSdeG, encabezado por Rivas, nunha notable minoría, ao cargo dun goberno de 7 edís nunha corporación de 21 concelleiros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...