InicioPolíticaA alcaldía de Redondela queda no aire despois da ruptura dun pacto...

A alcaldía de Redondela queda no aire despois da ruptura dun pacto de goberno

A alcaldesa (PSOE) vén de perder o apoio dunha formación independente. que agora podería prestar os seus escanos ao PP nunha hipotética moción de censura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación de Electores/as de Redondela (AER) deu por roto o pacto de goberno local co PSOE e decidiu iniciar contactos para “relevar do cargo” á alcaldesa, a socialista Digna Rivas.

A AER, segundo informa a través dun comunicado, celebrou este domingo unha reunión para avaliar unha resolución ditada pola rexedora o venres pola que se “retiraron” ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, as competencias sobre a limpeza de praias. Isto propiciou, sinala a agrupación, en “actuacións contra o medio ambiente” con “maquinaria pesada” na Praia da Punta, en Cesantes.

É máis, isto “fai perigar a concesión dunha subvención de case 200.000 euros do Ministerio de Transición Ecolóxica” presentada entre a Universidade de Vigo, o Concello de Redondela e a confraría de pescadores do municipio.

Este feito foi “a pinga que colma o vaso” para a AER, polo que agora decidiu pedir a dimisión da alcaldesa por ser a “única responsable da ruptura unilateral do pacto de investidura” asinado entre ambas as formacións tras as eleccións de 2019.

E é máis, a Agrupación de Electores/as de Redondela anunciou que traballará para que a actual alcaldesa “sexa relevada do seu cargo”, para o que “nos próximos días “manterá reunións “con todos os partidos políticos con representación” na Corporación –PP, BNG e tamién PSOE–.

Os socialistas liderados por Rivas, a actual alcaldesa, contan con sete edís nun pleno de 21, polo que para ser elixida en 2019 necesitou o tres votos de AER, máis os dous do BNG. As eleccións gañounas o PP con nove concelleiros, a dous da maioría absoluta. Por isto mesmo, os tres asentos de AER, ata agora socios do PSOE, poderían ser decisivos no caso de que o PP decidise presentar unha moción de censura.

ÚLTIMAS

Buscan a unha muller de 44 anos de idade desaparecida en Vigo desde este domingo

SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...