InicioSociedadeRedondela pecha duchas nas praias e limita o rego polo descenso da...

Redondela pecha duchas nas praias e limita o rego polo descenso da auga no encoro de Eiras

O Concello adopta medidas urxentes de aforro “por prudencia” tras unha comunicación de Aqualia, aínda que o municipio non está en prealerta por seca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela puxo en marcha medidas urxentes de aforro de auga potable en todas as dependencias municipais e nos espazos públicos, incluídas as praias, tras recibir unha comunicación de Aqualia sobre o descenso do volume de auga almacenada no encoro de Eiras. A alcaldesa, Digna Rivas, aclarou que Redondela non figura na listaxe de municipios que a Xunta sitúa en prealerta por seca, mais defendeu que as medidas se adoptan “por pura prudencia e responsabilidade anticipada”. Entre as decisións tomadas polo goberno local está o peche das duchas e dos lavapés nas praias, a suspensión temporal do baldeo das rúas e a eliminación do uso de auga potable nas fontes ornamentais.

O rego tamén queda reducido ao imprescindible para garantir a supervivencia das especies vexetais. O Concello fixo ademais un chamamento á veciñanza para que realice un uso responsable da auga tamén no ámbito doméstico. Nesa liña, pide evitar accións como lavar os coches con mangueira, encher piscinas ou regar en exceso hortas e xardíns particulares. Con estas medidas, Redondela busca anticiparse a un posible agravamento da situación e contribuír á preservación dos recursos hídricos mentres continúa o descenso das reservas no encoro de Eiras.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...