InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlertan da tala de árbores nas Gándaras de Budiño onde viven especies...

Alertan da tala de árbores nas Gándaras de Budiño onde viven especies en extinción

A asociación Verdegaia denuncia ademais que esa acción se está facendo perto do Camiño Portugués e que se iniciará recheos para edificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O motivo da corta das árbores segundo Verdegaia, é a construción de instalacións para un centro de formación dual e emprego, dirixido pola fundación Aceesca de apoio a persoas con discapacidade intelectual. A superficie a construír será de 1.000 metros cadrados e para iso o Concello do Porriño deu a aprobación para iniciar os traballos de corta e recheo.

O colectivo Verdegaia alertou a todos os partidos que forman parte da corporación do Porriño, de que as actuacións previstas para as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, estarían afectando a unha área considedara Hábitat de Interese Prioritario (H.I.P.). Esta área, que era parte da lagoa de Budiño, agora en retroceso, formara parte da Rede Natura ata o 2007. Logo de diversas recualificacións acabou como H.I.P. Entre mentres non lle era condedida esta cualificación, os terreos protexidos reduciron o seu tamaño, tanto pola construción do polígono das Gándaras como a autoestrada que vai en dirección Portugal.

Ademais disto, desde a asociación ecoloxista alertan que a área afectada polos traballos de construción, é un dos poucos lugares onde aínda pervive o sapoconcho común (Emys orbicularis), presente en escasos lugares a día de hoxe. A parcela mencionada está dentro da área de proteción deste anfibio. Verdegaia sinala que isto último obrigaría a actuacións e peticións de permisos á Consellería de Medio Ambiente. Non obstante, sinalan a inacción por parte dos poderes públicos galegos con competencias en materia medioambiental.

Por outra parte indícase que esta zona está perto do Camiño Portugués a Santiago, e de construírse as edificacións previstas, a contorna paisaxística acabaría moi afectada e deteriorada. Doutra banda, esta zona aluvial é considerada unha área inundable preferente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Desta maneira, as posibles construcións estarían afectadas por enchentas imprevistas do río Louro.

ÚLTIMAS

Falece un mozo en Vigo tras ter un accidente cunha carretilla elevadora

Un mozo de 24 anos de idade faleceu este xoves en Vigo tras sufrir...

Un ano de cárcere por deixar morrer de fame a cinco cans en Gondomar

Un home aceptou este xoves un ano de cárcere por deixar morrer de fame...

Nova imaxe gráfica do Marisquiño 2024, unha homenaxe aos adhesivos dos 90 no grafiti e ‘skate’

Os artistas Nano4814 e Sekone foron os encargados de deseñar a imaxe gráfica do...

Detido un mozo de 18 anos por roldar a vivenda dunha muller sobre a cal tiña unha orde de afastamento

A Policía Local de Vigo detivo na tarde deste pasado mércores a un mozo, S.G.B. de...